Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6534

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se fai público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de San Amaro.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial na sesión do día 25 de xaneiro de 2013, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de San Amaro (recadación, en vía executiva, do imposto sobre construcións, instalacións e obras), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 31 de xaneiro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense