Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6533

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de licitación do contrato de prestación de servizos de conserxaría e outros do Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca un concurso para a licitación dun contrato de prestación de servizos de conserxaría do auditorio municipal, atención, mantemento básico e limpeza do edificio multiusos Carmen Estévez de Vilalba, por procedemento aberto e trámite de urxencia.

Valor estimado do contrato: 166.200 euros para os 6 anos, IVE excluído (21 %). Orzamento base de licitación anual: importe neto: 27.700 euros, IVE: 5.817 euros; total: 33.517 euros. Prazo de 4 anos, con posibilidade de prórroga, cun máximo de dous anos (1+1). Os interesados poden acceder á información complementaria a través da Plataforma de Contratación Pública de Galicia, perfil do contratante.

Vilalba, 27 de febreiro de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde