Faise público que Gea Servicios Unión Norte, S.A. solicita licenza de apertura de estación de servizo na estrada N-634, p.q. 554 (Ribadeo). Conforme o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, exponse ao público o expediente, na Secretaría Xeral do concello, polo prazo de vinte días para que durante este as persoas que se consideren afectadas poidan examinalo e presentar, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.
Ribadeo, 30 de xaneiro de 2013
Fernando Suárez Barcia
Alcalde

