De conformidade co disposto no artigo 41.2.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, sométese a información pública polo prazo de vinte días o expediente que se está a tramitar para o outorgamento de autorización autonómica previa en solo rústico da obra de cambio de uso de planta baixa e planta soto e adecuación de dependencias:
Solicitante: Hotel Balneario Augas Santas, S.L.
Localización: As Augas Santas, s/n.
Uso solicitado: restaurante-discoteca.
Altura e ocupación: 2,5 metros e 1.241,90 m2.
Durante o citado prazo, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poderán consultar, na Secretaría do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, a documentación completa do expediente e formular as alegacións que ao seu dereito conveña.
Pantón, 12 de febreiro de 2013
José Luis Álvarez Blanco
Alcalde presidente

