Número expte.: 11/0043 U.
Código: 2011000104.
Solicitante: Promotora Gallega Lourido; Proavia Simtegal, AIE.
Asunto: aprobación definitiva da modificación puntual do estudo de detalle da unidade de actuación 3, sita en Estrada pola Vía, barrio de Vilameán, parroquia de Nigrán.
En cumprimento do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 21 de decembro de 2012, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do estudo de detalle no ámbito da UA-3 Vilameán, Nigrán, recollida no documento refundido presentado o 27 de setembro de 2012, composto de memoria e planos, e dous exemplares máis, presentados o 9 de outubro de 2012 (rexistro de entrada 12.782), redactados polos arquitectos Jorge González Herrero e José Melero Currás.
Contra o citado acordo poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro que xulgue procedente.
Nigrán, 16 de xaneiro de 2013
Alberto Valverde Pérez
Alcalde

