Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Martes, 5 de marzo de 2013 Páx. 6529

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal de Bóveda.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno do 25.2.2013, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas:

– No solo urbano consolidado de Rubián e Bóveda, suspenderase só naquelas zonas en que non se poidan cumprir ambas as ordenacións ou normativas simultaneamente.

– No polígono de solo urbano non consolidado de Bóveda, suspenderase en todo o ámbito.

– No solo de núcleo rural, suspenderase só naquelas zonas en que non se poidan cumprir ambas as ordenacións ou normativas simultaneamente.

– No solo urbanizable, suspenderase en todo o ámbito.

A duración da suspensión é de dous anos e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Bóveda, 27 de febreiro de 2013

José Manuel Arias López
Alcalde