Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Venres, 8 de marzo de 2013 Páx. 7068

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3656/2010).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3656/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 224/2010 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: Servizo Publico de Emprego Estatal.

Recorrido: Talleres Motorgasa, S.L., Manuel Bastos Sanmartín.

Avogado: Javier de Cominges Cáceres.

Notificación por edicto.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3656/2010, seguido por instancia de Manuel Bastos Sanmartín contra Servizo Publico de Emprego Estatal e Talleres Motorgasa, S.L. sobre desemprego, ditouse a seguinte resolución:

«Decido: que debemos declarar e declaramos non admisible a trámite, por razón da contía litixiosa, o recurso de suplicación interposto pola letrada Dolores Camiña Acuña, na representación que posúe do Servizo Público de Emprego Estatal, contra a sentenza ditada o vinte e seis de maio de dous mil dez polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia de Manuel Bastos Sanmartín contra a entidade recorrente, sobre diferenzas da prestación de desemprego, declarando igualmente a nulidade de todas as actuacións do dito xulgado do social desde a admisión a trámite do recurso de suplicación e declarando firme a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG, a fin de que sirva de notificación en forma á patronal Talleres Motorgasa, S.L., con último domicilio coñecido na estrada O Porriño-Tui (Nave), s/n, O Porriño, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial