Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7780

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 5 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio 2013.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 49, do 11 de marzo de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 7154, no artigo 2, no punto 1, onde di: «... de acordo co establecido no número seguinte deste artigo...», debe dicir: «... de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto...».

– Na páxina 7170, no artigo 20, no parágrafo primeiro, onde di: «... a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as...», debe dicir: «... a partir do día seguinte ao da súa notificación...».

– Na mesma páxina, no artigo 20, no parágrafo segundo, onde di: «... a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as...», debe dicir: «... a partir do día seguinte ao da súa notificación...».