Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7781

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e pola que se procede á súa convocatoria.

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, recolle no seu artigo 27.22º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia da promoción do deporte en réxime de exclusividade. En virtude desta competencia, a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, establece que a Administración autonómica promoverá o deporte de competición, así como tamén a competencia desta para a concesión de subvencións ás asociacións deportivas de Galicia (artigos 4.g) e 5.1.e), respectivamente).

Pola súa banda, a disposición transitoria terceira do Decreto 234/2012, do 5 de decembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, posto en relación co Decreto 325/2009, do 18 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, atribúelle á Secretaría Xeral para o Deporte as competencias da Comunidade Autónoma en materia de deportes.

En virtude das atribucións conferidas, a Secretaría Xeral para o Deporte, por medio desta resolución, acaba de concretar a competencia legal antes apuntada da concesión de subvencións económicas ás entidades deportivas de Galicia para o desenvolvemento das súas actividades, coadxuvando así á súa consolidación no obxectivo xeral de garantir o desenvolvemento das actividades en que participan ou que promovan.

A universalización da práctica deportiva ten un papel transcendental na sociedade, actuando de maneira transversal a moitos aspectos sociais de gran relevancia para a mellora da calidade de vida dos cidadáns. Por esta razón é necesario apoiar as actividades e a participación dos clubs de Galicia en ligas ou campionatos oficiais de ámbito galego, estatal ou internacional, así como tamén as entidades que contribúen de forma importante ao desenvolvemento e á promoción do deporte e, en particular, do deporte base e do deporte feminino. Todas estas entidades deben conxugar o seu traballo de forma harmónica e complementaria para consolidar todos os itinerarios do deporte, desde a formación base, pasando pola competición ata o alto rendemento deportivo, o que no seu conxunto cumpre un importante papel, entre outros, na formación educativa dos mozos e mozas nas respectivas disciplinas onde desenvolven a súa actividade.

Da mesma forma que na convocatoria do exercicio anterior, dáselle entrada á consideración como entidades beneficiarias nestas axudas ás sociedades anónimas deportivas de Galicia legalmente constituídas, xa que estas entidades contribúen ao desenvolvemento, promoción e formación deportiva, cumprindo un importante papel na formación educativa nas respectivas disciplinas onde desenvolven a súa actividade.

No que respecta ás axudas ás sociedades anónimas deportivas para a realización das actividades que lles son propias e para o desenvolvemento da súa programación deportiva, quedan suxeitas ao réxime de axudas de minimis, polo cal non poderán exceder o límite cuantitativo de 200.000 € nun período de tres anos establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro).

Outro aspecto que se modifica nesta convocatoria é o referido aos criterios de determinación do importe das subvencións contidos no artigo 7 das bases reguladoras, no cal se detalla a aplicación obxectiva do baremo e a atención a aquelas singularidades relevantes para a práctica deportiva, que son modificados na procura dunha maior obxectividade no procedemento de concesión.

A través desta resolución publícanse as referidas subvencións, que se tramitarán baixo o réxime de concorrencia non competitiva, sen que se produza comparación entre elas. A elección deste procedemento vén motivada pola propia natureza das subvencións, xa que a súa condición unicamente a determina o cumprimento por parte das entidades solicitantes dos requisitos establecidos na propia resolución, simplificando e axilizando a tramitación deste procedemento.

En virtude do exposto, e en exercicio das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, e que rexerán a concesión de subvencións pola Secretaría Xeral para o Deporte destinadas aos clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares de Galicia e sociedades anónimas deportivas para a súa participación en competicións oficiais, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2013.

Artigo 2. Solicitudes

2.1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.

2.2. Deberá presentarse unha única solicitude por entidade. As entidades deportivas que participen en actividades deportivas oficiais de máis dunha federación deportiva galega e desexen recibir subvención pola actividade desenvolvida en cada unha delas, deberán reflectir particularmente, na instancia de solicitude, cada unha das federacións en que desenvolven a súa actividade deportiva.

2.3. A presentación das solicitudes implica o compromiso de someterse ás normas reguladoras da subvención establecidas nesta resolución.

2.4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes e emenda de deficiencias

3.1. As solicitudes dirixiranse aos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, mediante a súa presentación por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos seguintes enderezos:

– Servizo Provincial de Deportes da Coruña: praza de Agustín Díaz 1, 15008 A Coruña.

– Servizo Provincial de Deportes de Lugo: Edificio Administrativo Rolda da Muralla, 70-1º, 27071 Lugo.

– Servizo Provincial de Deportes de Ourense: avda. da Habana, 79-4º andar, 32004 Ourense.

– Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra: rúa Fernández Ladreda nº 43-5º, 36003 Pontevedra.

De acordo co establecido no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela, e unha vez aprobada pola Orde do 15 de setembro de 2011 a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia, os interesados poderán presentar electronicamente as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico: https://sede.xunta.es. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos. As mencionadas imaxes electrónicas carecerán de carácter de copia auténtica.

Neste caso, os solicitantes deberán anexar, ademais, unha declaración responsable de que os documentos escaneados son orixinais e auténticos, sen prexuízo de que se lle poida requirir a exhibición do documento orixinal en calquera momento da tramitación do procedemento, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

O formulario de solicitude e demais anexos requiridos estarán tamén dispoñibles na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte http://deporte.xunta.es/. Poderanse cubrir e imprimir a través desta web, debendo achegalos posteriormente aos citados servizos provinciais de deportes, no prazo establecido para a presentación de solicitudes.

3.2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

3.3. A Secretaría Xeral para o Deporte velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento, e para eses efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.

A finalidade da recolla e do tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e o tratamento do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros. Porén, a Secretaría Xeral para o Deporte revelaralles ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.

Decláranse recoñecidos e poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, dirixindo un escrito á Secretaría Xeral para o Deporte, Estadio Multiúsos de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela, indicando no sobre ou no asunto do escrito «Dereitos arco-Servizo de Contratación e Xestión Económica».

3.4. Unha vez recibidas as solicitudes e a documentación complementaria, serán analizadas polos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte, co obxecto de comprobar que se atopan debidamente cubertas e suficientemente documentadas. En caso contrario, requirirase o solicitante para que, no prazo improrrogable de dez días, proceda a emendar as deficiencias observadas, coa advertencia de que, se non o fixer así, se considerará que desiste da súa petición, logo da adopción da oportuna resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este requirimento realizarase, tras a comunicación por parte de cada un dos servizos provinciais das incidencias detectadas nas documentacións, mediante a publicación no DOG da lista de solicitudes excluídas e a súa causa, e das que están pendentes de achegar algunha documentación ou realizar emenda, facendo indicación expresa de que, no caso de non achegar a documentación requirida, se dará por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución. Esta lista tamén será publicada nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte e dos servizos provinciais de deportes, así como na páxina web http://deporte.xunta.es/

Artigo 4. Financiamento

4.1. A concesión de subvencións reguladas nesta resolución será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 04.60.441A.481.0 do exercicio orzamentario do ano 2013, ata un importe máximo de 2.200.000 euros (dous millóns douscentos mil euros). Este importe poderá ser ampliado no caso de existencia de crédito na aplicación orzamentaria no momento da resolución segundo o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

A contía referida distribuirase da seguinte forma:

a) A clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas 2.100.000 € (dous millóns cen mil euros), establecéndose a axuda máxima por beneficiario en 29.999 euros.

b) Ás agrupacións deportivas escolares 100.000 € (cen mil euros), establecéndose a axuda máxima por beneficiario en 15.000 euros.

4.2. A concesión destas subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

4.3. No que respecta ás sociedades anónimas deportivas, este réxime de axudas queda suxeito ao Regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28.12.2006). De acordo co establecido neste regulamento comunitario, a axuda total de minimis concedida a unha sociedade anónima deportiva determinada non será superior a 200.000 € durante calquera dos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido e indistintamente de se a axuda concedida polo Estado membro está financiada total ou parcialmente mediante recursos de orixe comunitario. O período determinarase tomando como referencia os exercicios fiscais empregados pola sociedade anónima deportiva no Estado membro correspondente. O regulamento de minimis citado aplicarase ás axudas concedidas ás empresas de todos os sectores, coas excepcións previstas no seu artigo 1.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

Artigo 6. Xustificación e prazo para a súa realización

6.1. A xustificación das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria efectuarase conforme o establecido no artigo 14 das bases reguladoras, e esta xustificación deberá corresponder a gastos subvencionables, entendendo por tales aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro do 2012 e o 31 de decembro do mesmo ano.

6.2. Os beneficiarios, unha vez notificadas as resolucións de concesión, deberán xustificar a axuda concedida no prazo dun mes contado desde a notificación, presentando para iso a documentación requirida no artigo 14 das bases reguladoras. Para o cómputo do prazo observarase o disposto no artigo 3.2 desta convocatoria.

6.3. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións convocadas pola Secretaría Xeral para o Deporte no ano 2013 as entidades que, resultando beneficiarias na anterior convocatoria, non xustificasen adecuadamente a realización das actuacións subvencionadas, sen presentar renuncia expresa e por razóns xustificadas, aceptada pola Secretaría Xeral.

Artigo 7. Réxime de recursos

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o secretario xeral para o Deporte, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2013

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1.1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por finalidade o fomento e a promoción do deporte galego no seu ámbito deportivo-competitivo e no do deporte en idade escolar.

1.2. Será obxecto deste procedemento de subvencións financiar os gastos derivados da participación por parte das entidades e clubs en competicións de carácter oficial no ano 2012 (no ámbito autonómico, nacional ou internacional). No que respecta ás agrupacións deportivas escolares, financiaranse os gastos acometidos pola participación na campaña de deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte (programa Xogade).

1.3. Estas subvencións outórganse polo procedemento de concorrencia non competitiva, consonte o disposto no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas.

Artigo 2. Beneficiarios

2.1. Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.

2.2. De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo na aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas Galicia Activa (galiciactiva.xunta.es), para introducir nela todos os datos das súas actividades e, de ser o caso, os datos referidos ás instalacións de titularidade da propia entidade.

2.3. Non poderán obter a condición de beneficiarios destas subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia en que concorra algunha das circunstancias sinaladas nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Compatibilidade

As subvencións concedidas ao abeiro destas bases poderán ser concorrentes con subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, incluídas as axudas ás sociedades anónimas suxeitas ao réxime de minimis, sen prexuízo da obriga de lle comunicar ao órgano concedente a súa obtención. O importe total das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos, supere o gasto realizado polo beneficiario. Esta circunstancia deberá ser acreditada polo beneficiario conforme o establecido no artigo 14 destas bases.

Artigo 4. Solicitudes e documentación

4.1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma, lugares e prazo que se indican na convocatoria.

4.2. Xunto coa solicitude, as entidades solicitantes deberán presentar as fotocopias do NIF da entidade e do DNI do seu representante, declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados (anexo III), así como, de ser o caso, nos clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas, certificación acreditativa da realización da actividade denominada Coñece o meu club (programa Xogade), expedida polo secretario do centro educativo onde se desenvolveu. As copias achegadas deben estar compulsadas ou debidamente cotexadas por un funcionario da Xunta de Galicia ou un funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

4.3. As sociedades anónimas deportivas achegarán declaración de axudas, amparadas pola cláusula de minimis, obtidas ou solicitadas durante os últimos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, en calquera outra administración, organismo ou ente público ou privado, que haberá de formularse, segundo o modelo recollido no anexo VIII desta resolución ou, de ser o caso, declaración responsable de non ter recibido ningunha.

4.4. No caso das sociedades anónimas deportivas, deberán achegar declaración responsable de non ter a condición de empresa en crise, conforme a definición prevista no artigo 1, número 7 do Regulamento CE 800/2008, do 6 de agosto (DOUE L 214/3, do 9.8.2008) da Comisión, en relación ás pemes e conforme o disposto no número 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación ás grandes empresas.

Artigo 5. Consentimentos e autorizacións

5.1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

5.2. Conforme o establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os documentos exixidos que xa estean en poder da Administración actuante non deberán ser achegados coa solicitude, sempre que con esta se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foi presentada a documentación e que non transcorresen máis de cinco anos desde o remate do procedemento a que correspondan. No suposto de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

5.3. Segundo a disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente coa sinatura da solicitude a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás subvencións recibidas, así como as sancións impostas, no dito rexistro, sen prexuízo dos supostos en que a publicidade resulte excluída en virtude do disposto no decreto citado ou norma de rango legal.

5.4. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral para o Deporte publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das subvencións concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

5.5. De acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, non será exixible a fotocopia do documento nacional de identidade, sempre que o/a solicitante preste o seu consentimento para que o órgano xestor poida realizar a consulta por medio telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Administracións Públicas.

No caso de o/a interesado/a non prestar o dito consentimento para a comprobación dos datos, poderáselle exixir que presente a fotocopia do documento de identidade correspondente.

Artigo 6. Órganos competentes e instrución do procedemento

6.1. O titular da Subdirección Xeral de Deportes será o órgano instrutor do procedemento e elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, ao secretario xeral para o Deporte, quen adoptará a resolución en virtude da cal se outorgarán ou denegarán as subvencións solicitadas, en exercicio das competencias desconcentradas nos secretarios xerais dependentes da Presidencia, en virtude da disposición transitoria terceira do Decreto 234/2012, do 5 de decembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, posto en relación coa disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia (DOG nº 119, do 19 de xuño).

6.2. Unha vez recibidas as solicitudes nos respectivos servizos provinciais, revisarase a documentación achegada e, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, requirirase o interesado para que, no prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos.

Este requirimento realizarase mediante a publicación no DOG da lista de solicitudes excluídas e a causa, e das que están pendentes de achegar algunha documentación, facendo indicación expresa de que, no caso de non achegar a documentación requirida, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución. Esta lista tamén será publicada nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte e dos servizos provinciais de Deportes, así como na páxina web http://deporte.xunta.es/

Poderá tamén requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, en calquera fase do mesmo.

6.3. Revisados os expedientes coa documentación presentada no momento da solicitude, así como no prazo de emenda, o órgano instrutor remitiralle a cada federación deportiva galega correspondente unha lista coas entidades deportivas afiliadas á dita federación que presentaron a solicitude de axuda e que teñan correctamente presentada toda a documentación.

O secretario de cada federación deportiva galega certificará, co visto e prace do presidente, os datos deportivos sinalados no punto 4 deste artigo de cada unha das entidades afiliadas á súa federación que solicitaron axuda, remitindo estas certificacións ao órgano instrutor, nun prazo non superior a 15 días naturais contados desde a data de recepción da notificación.

No caso de solicitudes de clubs que participen en modalidades deportivas non adscritas a ningunha federación deportiva galega, o órgano instrutor poderá solicitar a certificación destes datos á federación deportiva española correspondente. No caso de non estar adscritas a ningunha federación deportiva española, solicitarase por esta orde de prelación: á asociación galega de clubs correspondente á súa modalidade deportiva ou á asociación española de clubs correspondente á súa modalidade deportiva. De non existir estas, solicitarase certificación do secretario da entidade onde se reflictan aqueles datos.

6.4. As federacións deberán emitir as certificacións sinaladas no punto anterior, respecto dos seguintes datos:

a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas:

1. Categoría da competición deportiva:

1.a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas:

– Nivel (1, 2…) da liga en que participa na categoría absoluta e/ou na categoría previa á absoluta (xuvenil ou outra denominación).

– Número de ligas da modalidade en categoría absoluta e en categoría previa á absoluta a que se accede por clasificación.

– Número de licenzas de ámbito estatal da modalidade.

– Participación en competicións europeas a que se accede por clasificación.

1.b) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por campionatos:

– Número de deportistas participantes na categoría absoluta, na competición máis relevante no ámbito nacional.

– Número de deportistas que obtivesen o primeiro posto na categoría absoluta, na competición máis relevante no ámbito nacional.

– Número de licenzas de ámbito estatal da modalidade.

2. Número de licenzas na categoría previa á absoluta e anteriores, reflectindo se a relación entre o número de licenzas e a participación de deportistas en, polo menos, unha competición oficial do calendario da federación galega correspondente é inferior ao 20 %, está entre o 20 e o 50 %, ambos incluídos, ou é superior ao 50 %.

3. Número de equipos participantes nas ligas A da campaña de deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.

4. Participación en campionatos de España:

4.a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas:

– Número de equipos e deportistas que participasen na competición deportiva de ámbito nacional máis relevante para a modalidade, en categoría absoluta.

– Número de equipos e deportistas que participasen na competición deportiva de ámbito nacional máis relevante para a modalidade, en todas as categorías anteriores á absoluta.

– Número de equipos e deportistas que, non participando na competición deportiva de ámbito nacional máis relevante, participen en ligas de categoría absoluta en que participen equipos de, polo menos, tres comunidades autónomas.

4.b) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por campionatos: número de deportistas clasificados para participar nas dúas competicións deportivas de ámbito nacional máis relevantes para a modalidade, en todas as categorías excepto ás de veteranos, máster, grupos de idade ou outra denominación análoga.

En ambos os tipos de entidade, de competición por liga ou por campionato, especificarase se a entidade ten participado en competicións oficiais de modalidades olímpicas.

5. Número de licenzas na categoría absoluta, reflectindo se a relación entre o número de licenzas e a participación de deportistas en, polo menos, unha competición oficial do calendario da federación galega correspondente é inferior ao 20 %, está entre o 20 e o 50 %, ambos incluídos, ou é superior ao 50 %.

6. Número de licenzas de adestradores.

7. Número de deportistas nas categorías absoluta, previa á absoluta e intermedia que participasen coa selección española en competicións oficiais de ámbito internacional.

b) No caso das agrupacións deportivas escolares: número de modalidades deportivas, número de equipos por modalidade, número de participantes por modalidade e total e, finalmente, número de entidades participantes.

6.5. As federacións cuxas entidades sexan valoradas conforme os criterios establecidos na letra c do punto 7.1.1.A no artigo 7 certificarán datos referentes ás características do campionato galego oficial de categoría absoluta.

6.6. Co fin de certificar os datos sinalados, as federacións deportivas de Galicia deberán recoller o seguinte detalle:

a) Unicamente se valorarán as licenzas que habiliten para a participación en competicións oficiais. Non se terán en conta as licenzas expedidas para a participación en cursos de promoción ou para actividades puntuais que non constitúan a actividade deportiva habitual e preferente de cada modalidade deportiva.

b) A categoría absoluta é aquela categoría de idade en que se desenvolve a competición deportiva de máis alto nivel, sendo xeralmente aquela en que participan deportistas que, no seu primeiro ano na categoría, cumpren 19 anos. A Comisión poderá establecer criterios diferentes naquelas modalidades que estean estruturadas en categorías de idade diferentes ás habituais.

c) A categoría previa á absoluta: é aquela categoría de idade en que participan deportistas que, xeralmente, cumpran 17 ou 18 anos ao longo do ano natural en que teñen lugar os campionatos.

d) A categoría intermedia é a categoría oficialmente recoñecida de cada modalidade en que participen deportistas que deixan a categoría previa absoluta e que están nos primeiros anos da categoría absoluta.

e) Para a valoración da epígrafe de categoría da competición deportiva, os clubs e sociedades anónimas deportivas clasificaranse en:

I. Clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas: son os clubs ou sociedades anónimas deportivas daquelas modalidades deportivas en que a competición máis relevante se desenvolve, na categoría absoluta ou na previa á absoluta, entre equipos formados por máis dun xogador que participan de forma simultánea dándose entre eles situacións de cooperación, en diferentes encontros deportivos, en sistema de liga regular á cal se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente.

II. Clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por campionatos: son os clubs e sociedades anónimas deportivas daquelas modalidades deportivas en que a competición máis relevante non se adecúa ao definido na epígrafe anterior.

III. Clubs e sociedades anónimas deportivas organizadores de probas dun campionato galego oficial: son os clubs ou sociedades anónimas deportivas cuxa actividade principal non se substancia no desenvolvemento de actividades vinculadas a procesos regulares e frecuentes de adestramento deportivo dos seus deportistas relacionados coa participación destes deportistas en competicións deportivas, se non que é a realización de actividades que garantan a celebración da competición deportiva oficial, por soportar estas entidades a organización ou coorganización dalgunha das probas oficiais naqueles campionatos galegos de categoría absoluta que se desenvolvan en varias xornadas/campionatos nos cales a clasificación final dependa da puntuación obtida ao longo das diferentes probas que configuran o correspondente calendario.

f) Para a valoración da epígrafe de participación en campionatos de España, os clubs e sociedades anónimas deportivas clasificaranse en:

I. Clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas: coa mesma definición que no punto anterior.

II. Clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por campionatos: coa mesma definición que no punto anterior, incluíndo aquí os clubs clasificados na epígrafe III do punto anterior.

g) Os datos para certificar farán referencia á derradeira tempada deportiva rematada, e debe ser esta mesma para todos os clubs e sociedades anónimas deportivas da mesma modalidade deportiva.

6.7. Recibidas polo órgano instrutor as certificacións sinaladas no punto anterior, este publicaraas na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte http://deporte.xunta.es/, para os efectos de que por parte dos interesados se poidan presentar alegacións aos datos contidos nas referidas certificacións, nun prazo improrrogable de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación na páxina web. Rematado o prazo de alegacións, o órgano instrutor remitirá as alegacións recibidas ás respectivas federacións para, de ser o caso, modificar as certificacións emitidas en primeira instancia.

Recibidas polo órgano instrutor as certificacións definitivas sinaladas no punto anterior, este remitirallas, xunto coa documentación que cumpra as exixencias contidas nas presentes bases, á comisión encargada de aplicar os criterios de determinación do importe da subvención establecidos no artigo seguinte.

A referida comisión estará presidida polo/a titular da Subdirección Xeral de Deportes ou persoa en quen delegue, actuando como vogais os xefes dos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte e un técnico deportivo da mesma secretaría xeral, designado polo presidente/a da comisión. Será secretario da comisión o titular da xefatura do Servizo de Coordinación Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte ou persoa que o substitúa.

6.8. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 7. Criterios de determinación do importe da subvención

7.1. Os importes das subvencións que se concedan aos beneficiarios serán calculados, pola comisión referida no artigo 6.6º, conforme os seguintes criterios:

7.1.1. Clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas:

Para a asignación dos valores que se inclúan en cada un dos niveis reflectidos nos criterios de determinación do importe da subvención, teranse en conta os datos certificados polas federacións.

A. Categoría da competición deportiva principal en que actúa a entidade: ata 40 puntos.

Para a determinación dos niveis atenderase aos seguintes criterios:

a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas: para a adxudicación dos puntos atenderase ao nivel (1, 2…) da liga en que participa na categoría absoluta e/ou na categoría previa á absoluta (xuvenil ou outra denominación), ao número de ligas da modalidade en categoría absoluta e en categoría previa á absoluta a que se accede por clasificación, ao número de licenzas de ámbito estatal da modalidade e á participación en competicións europeas a que se accede por clasificación. Para esta adxudicación non se valorarán os equipos da entidade que participen en ligas profesionais. Debido ás especiais características do deporte practicado por persoas con algunha discapacidade, exceptuarase a aplicación do criterio referido ao número de licenzas de ámbito estatal da modalidade.

Nivel 1: 40 puntos.

Cat. abs.

1

1

1

2

3

Ligas

> 3

> 1

> 1

> 1

> 3

Licenzas

> 15 mil

> 10 mil

> 20 mil

> 25 mil

> 50 mil

Europa

si

Nivel 2: 30 puntos.

Cat. abs.

1

2

4

Ligas

> 1

> 3

> 5

Licenzas

> 2 mil

> 15 mil

> 250 mil

Nivel 3: 20 puntos.

Cat. abs.

2

2

3

Ligas

> 2

> 1

> 3

Licenzas

> 5 mil

> 20 mil

> 15 mil

Nivel 4: 10 puntos.

Cat. abs.

1

3

4

5

Ligas

> 0

> 5

> 3

> 5

Licenzas

> 10 mil

> 5 mil

> 10 mil

> 250 mil

Nivel 5: 5 puntos.

Cat. abs.

1

2

3

4

5

Ligas

> 0

> 1

> 2

> 5

> 5

Licenzas

> mil

> 10 mil

> 5 mil

> 5 mil

> 100 mil

Nivel 6: 2 puntos.

Cat. abs.

2

3

Ligas

> 1

> 1

Licenzas

> mil

> mil

As entidades que conten con equipos de categoría previa absoluta puntúan do seguinte xeito:

– Club, de modalidade deportiva con máis de 250 mil licenzas de ámbito nacional, con equipo en categoría previa absoluta participante na liga de máximo nivel nacional, acadará a puntuación do nivel 4 (10 puntos). No caso de obter unha puntuación igual ou maior por un equipo en categoría absoluta, obterá a puntuación seguinte á correspondente á do nivel obtido polo dito equipo, co tope máximo dos 40 puntos do nivel 1.

– Club, de modalidade deportiva con máis de 500 mil licenzas de ámbito nacional, con equipo en categoría previa absoluta participante no segundo nivel de liga nacional, acadará a puntuación do nivel 5 (5 puntos). No caso de obter unha puntuación igual ou maior por un equipo en categoría absoluta, obterá a puntuación seguinte á correspondente á do nivel obtido polo dito equipo, co tope máximo dos 40 puntos do nivel 1.

b) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por campionatos, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de participacións na categoría absoluta, así como ao número de primeiros postos na categoría absoluta, na competición máis relevante no ámbito nacional, así como ao número de licenzas de ámbito estatal da modalidade. Debido ás especiais características do deporte practicado por persoas con algunha discapacidade, exceptuarase a aplicación do criterio referido ao número de licenzas de ámbito estatal da modalidade.

Licenzas
da modalidade

Máis de 50 mil

Máis de 10 mil e ata 50 mil

Máis de 6 mil e ata 10 mil

Máis de 100 e ata 6 mil

 

Particip.

1º posto

Particip.

1º posto

Particip.

1º posto

Particip.

1º posto

Nivel 1: 40 puntos

> 19

> 10

> 29

> 10

> 29

> 10

> 39

> 20

Nivel 2: 30 puntos

> 9

> 10

> 29

> 1

> 29

> 5

> 29

> 10

Nivel 3: 20 puntos

> 7

> 1

> 7

> 10

> 9

0

> 19

> 10

Nivel 4: 10 puntos

> 5

> 1

> 5

> 10

> 5

0

> 9

> 10

Nivel 5: 5 puntos

> 1

> 1

> 1

> 10

> 3

> 1

> 9

> 5

Nivel 6: 2 puntos

> 1

> 0

> 1

> 0

> 1

0

> 1

> 5

Respecto da aplicación obxectiva do baremo anterior realízanse dúas atencións singulares:

– Atletismo: esta modalidade ten, á marxe das competicións tipo campionato, outra competición coas características definidas nesta convocatoria para as competicións tipo liga, que é de gran relevancia nesta modalidade deportiva e na cal participan as mellores entidades deportivas de España. Así, as entidades deportivas que ademais de participar en competicións tipo «campionato» tamén participen na liga de 1º nivel de ámbito nacional puntuaranse no nivel 1, e as que participen na liga de 2º nivel de ámbito nacional puntuarase no nivel 2. No caso de que unha entidade participe en dous niveis, obterá a puntuación do nivel superior.

– Remo: esta modalidade ten, á marxe das competicións tipo campionato, outra competición coas características definidas nesta convocatoria para as competicións tipo «liga», que é de gran relevancia nesta modalidade deportiva e na que participan as mellores entidades deportivas de España. Así, as entidades deportivas que, ademais de participar en competicións tipo campionato, tamén participen na liga de 1º nivel de ámbito nacional puntuaranse no nivel 1 no caso de que a competición teña 12 ou máis xornadas, e no nivel 2 se ten menos.

c) No caso dos clubs deportivos organizadores de probas dun campionato galego oficial, empregaranse os seguintes criterios.

Para a determinación dos niveis atenderase ao nivel deportivo das probas, que se determinará polo número de probas de que está formado o campionato, así como o número total de participantes no campionato. Valorarase unha única proba por entidade.

Nivel 1

40 puntos

Nivel 2

30 puntos

Nivel 3

20 puntos

Nivel 4

10 puntos

Nivel 5

5 puntos

Nivel 6

2 puntos

Nº de participantes

> 50

> 30

> 25

> 25

> 25

> 50

Nº de probas

> 8

> 15

> 15

> 10

> 8

> 5

B. Número de licenzas federativas na categoría prevía á absoluta e anteriores: ata 20 puntos.

Nivel 1: 20 puntos: 350 e máis.

Nivel 2: 15 puntos: de 200 a 249.

Nivel 3: 10 puntos: de 50 a 199.

Nivel 4: 5 puntos: de 20 a 49.

Nivel 5: 2 puntos: de 10 a 19.

O número de licenzas que se valorará reducirase cando a entidade solicitante estea nalgún dos seguintes supostos:

a) Valorarase o 50 % das licenzas certificadas cando a relación entre número de licenzas e participación de deportistas en, polo menos, unha competición oficial do calendario da federación galega correspondente estea entre o 20 e o 50 %, ambos incluídos.

b) Non se valorará o número de licenzas certificado cando a relación entre o número total de licenzas da entidade e a participación de deportistas en, polo menos, unha competición oficial do calendario da federación galega correspondente sexa inferior ao 20 %.

C. Número de equipos participantes en deportes colectivos nas ligas A da campaña de deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte: ata 14 puntos.

14 puntos: 4 equipos ou máis.

12 puntos: 3 equipos.

8 puntos: 2 equipos.

4 puntos: 1 equipo.

D. Pola participación na actividade denominada «Coñece o meu club», integrada dentro do programa Xogade: 1 punto.

E. Participación en campionatos de España ou naquelas modalidades en que non exista campionato de España, na competición deportiva de ámbito nacional máis relevante: ata 10 puntos.

Dada a maior relevancia deportiva das modalidades olímpicas, valoraranse de forma diferenciada as entidades que teñan participado en campionatos oficiais de modalidades olímpicas.

Igualmente, valoraranse de forma diferenciada, por necesitar obrigatoriamente o emprego de vehículos e remolques adecuados para o transporte das embarcacións, as entidades dos deportes olímpicos náuticos piragüismo, remo e vela que teñan participado en competicións oficiais de modalidades olímpicas.

Así, a determinación dos niveis obedece ao seguinte baremo:

Modalidades náuticas olímpicas: piragüismo, remo e vela.

Nivel 1: 10 puntos: 50 e máis.

Nivel 2: 8 puntos: 30 a 49.

Nivel 3: 6 puntos: 20 a 29.

Nivel 4: 4 puntos: 10 a 19.

Nivel 5: 2 puntos: 4 a 9.

Resto das modalidades olímpicas.

Nivel 1: 10 puntos: 60 e máis.

Nivel 2: 8 puntos: 40 a 59.

Nivel 3: 6 puntos: 20 a 39.

Nivel 4: 4 puntos: 15 a 19.

Nivel 5: 2 puntos: 11 a 14.

Modalidades non olímpicas.

Nivel 1: 10 puntos: 70 e máis.

Nivel 2: 8 puntos: 60 a 69.

Nivel 3: 6 puntos: 40 a 59.

Nivel 4: 4 puntos: 20 a 39.

Nivel 5: 2 puntos: 15 a 19.

a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de equipos e deportistas que participasen na competición deportiva de ámbito nacional máis relevante para a modalidade, en todas as categorías excepto as de veteranos, máster, grupos de idade ou outra denominación análoga. Tamén se atenderá aos equipos e deportistas de categoría absoluta que, sen participaren na competición deportiva de ámbito nacional máis relevante, participen en ligas que conten con equipos de, polo menos, tres comunidades autónomas.

b) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por campionatos, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de deportistas clasificados para participar nas dúas competicións deportivas de ámbito nacional máis relevantes para a modalidade, en todas as categorías excepto as de veteranos, máster, grupos de idade ou outra denominación análoga.

F. Número de licenzas federativas na categoría absoluta: ata 5 puntos.

Nivel 1: 5 puntos: 80 e máis.

Nivel 2: 4 puntos: 60 a 79.

Nivel 3: 3 puntos: 40 a 59.

Nivel 4: 2 puntos: 20 a 39.

Nivel 5: 1 punto: 10 a 19.

O número de licenzas que se van valorar reducirase cando a entidade solicitante estea nalgún dos seguintes supostos:

a) Valorarase o 50 % das licenzas certificadas cando a relación entre número de licenzas e participación de deportistas en, polo menos, unha competición oficial do calendario da federación galega correspondente estea entre o 20 e o 50 %, ambos incluídos.

b) Non se valorará o número de licenzas certificado cando a relación entre o número total de licenzas da entidade e a participación de deportistas en, polo menos, unha competición oficial do calendario da federación galega correspondente sexa inferior ao 20 %.

G. Número de licenzas federativas de adestradores: ata 5 puntos.

Nivel 1: 5 puntos: 20 e máis.

Nivel 2: 4 puntos: 15 a 19.

Nivel 3: 3 puntos: 10 a 14.

Nivel 4: 2 puntos: 3 a 9.

Nivel 5: 1 punto: 1 a 2.

H. Número de deportistas nas categorías absoluta, previa absoluta e intermedia que participasen coa selección española correspondente en competicións oficiais de ámbito internacional: ata 5 puntos.

Nivel 1: 5 puntos: 10 e máis.

Nivel 2: 4 puntos: 6 a 9.

Nivel 3: 3 puntos: 4 a 5.

Nivel 4: 2 puntos: 3.

Nivel 5: 1 punto: 2.

7.1.2. Agrupacións deportivas escolares:

Para a asignación dos valores que se van incluír en cada un dos niveis reflectidos nos criterios de determinación do importe da subvención teranse en conta os datos certificados.

A. Número de modalidades deportivas, ata 25 puntos.

Nivel 1: 25 puntos: 15 e máis.

Nivel 2: 20 puntos: 14.

Nivel 3: 15 puntos: 10 a 13.

Nivel 4: 10 puntos: 6 a 9.

Nivel 5: 5 puntos: 3 a 5.

B. Número de equipos, ata 25 puntos.

Nivel 1: 25 puntos: 775 e máis.

Nivel 2: 20 puntos: 490 a 774.

Nivel 3: 15 puntos: 200 a 489.

Nivel 4: 10 puntos: 85 a 199.

Nivel 5: 5 puntos: 1 a 84.

C. Número de participantes totais, tendo en conta todas as modalidades deportivas, ata 25 puntos.

Nivel 1: 25 puntos: 8.000 e máis.

Nivel 2: 20 puntos: 5.800 a 7.999.

Nivel 3: 15 puntos: 1.500 a 5.799.

Nivel 4: 10 puntos: 1.000 a 1.499.

Nivel 5: 5 puntos: 1 a 999.

D. Número de entidades participantes, ata 25 puntos.

Nivel 1: 25 puntos: 100 e máis.

Nivel 2: 20 puntos: 90 a 99.

Nivel 3: 15 puntos: 30 a 89.

Nivel 4: 10 puntos: 11 a 29.

Nivel 5: 5 puntos: 1 a 10.

7.2. No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas que participen en competicións oficiais de máis dunha federación, farase un cálculo diferenciado para cada unha das seccións, asignándolles cantidades diferenciadas que se sumarán ata acadar a contía definitiva, que non superará en ningún caso a contía de 29.999 €. De ser o caso, para a determinación do importe das subvencións outorgadas ás sociedades anónimas deportivas, teranse en conta as axudas suxeitas ao réxime de minimis recibidas en calquera dos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

7.3. Procederase ao rateo proporcional dos importes inicialmente adxudicados ás distintas solicitudes no caso de que o crédito dispoñible resulte insuficiente para atendelas.

7.4. A comisión elevará ao órgano instrutor proposta de resolución. Todos os solicitantes que non obteñan unha puntuación mínima de 5 (cinco) puntos non acadarán a condición de beneficiario, excepto as entidades que participen nas competicións deportivas oficiais dirixidas a persoas con algunha discapacidade. Neste último caso deberán obter unha puntuación mínima de 3 (tres) puntos.

Artigo 8. Contía da subvención

O importe das subvencións será o resultado aritmético da regra de tres de asignar á puntuación máxima a obter, 100 puntos, o importe máximo que se pode conceder: 29.999 € no caso dos clubs e das sociedades anónimas deportivas, e 15.000 € no caso das agrupacións deportivas escolares. De ser o caso, para a determinación do importe das subvencións outorgadas ás sociedades anónimas deportivas, teranse en conta as axudas suxeitas ao réxime de minimis recibidas en calquera dos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

Artigo 9. Resolución e notificación

9.1. Analizadas as solicitudes polo órgano instrutor, este, á vista do expediente e do informe da Comisión, formulará a proposta motivada de resolución, que será elevada ao titular da Secretaría Xeral para o Deporte, encargado de resolver sobre a concesión ou denegación das solicitudes presentadas.

9.2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución non poderá exceder os cinco meses, contado desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no DOG. Esgotado este prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente por silencio administrativo.

9.3. De conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación levarase a cabo mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, con indicación neste caso da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. Así mesmo, relacionaranse as solicitudes desestimadas con expresión dos motivos da desestimación.

9.4. No caso das sociedades anónimas deportivas, e con base no establecido no artigo 3 do Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28.12.2006), informarase por escrito ao posible beneficiario sobre o importe da axuda (expresado en equivalente bruto de subvención) e sobre o seu carácter de minimis, facendo referencia expresa ao regulamento citado.

9.5. Notificada a resolución polo órgano concedente, o beneficiario disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Artigo 10. Publicación

A resolución publicarase nos termos previstos no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, expresando beneficiario, finalidade, contía e aplicación orzamentaria.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o secretario xeral para o Deporte no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 12. Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou por calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 13. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o titular da Secretaría Xeral para o Deporte ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da mesma lei.

Artigo 14. Xustificación da subvención

14.1. A solicitude de aboamento da axuda concedida (anexo IV) deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados (anexo III), actualizada na data da xustificación.

b) Declaración responsable de veracidade dos datos contidos na solicitude (anexo IX).

c) De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios presentarán unha conta xustificativa simplificada que conterá a seguinte documentación:

1. Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos (anexo V).

2. Relación clasificada dos gastos efectuados e pagados por un importe equivalente, polo menos, ao da subvención concedida (anexo VI). Esta relación deberá conter a identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

Esta relación de gastos haberá de referirse:

2.A. No ámbito dos clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas, e en canto á participación dos seus equipos e deportistas nas competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico, estatal ou internacional, os gastos referiranse aos seguintes conceptos:

a) Licenzas federativas aboadas.

b) Seguros deportivos aboados e outros seguros contratados, relacionados coa actividade deportiva, que non fosen obxecto doutras axudas, subvencións ou achegas desta ou doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

c) Inscricións en competicións oficiais aboadas e outros gastos propios do calendario que asumirá o club por normativa de competición.

d) Gastos de arbitraxes.

e) Gastos de adestradores/as.

f) Gastos relacionados co transporte, e medios de transporte utilizados para asistir a adestramentos e competicións.

g) Gastos de manutención e aloxamento para asistir ao calendario de competicións.

h) Material deportivo non inventariable (balóns, equipacións etc.).

i) Produtos básicos de farmacia/caixa de urxencias.

2.B. No ámbito das agrupacións deportivas escolares, e en canto á participación nas competicións e programas deportivos incluídos no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte, os gastos referiranse aos seguintes conceptos:

a) Gastos de organización (material de oficina, comunicacións, desprazamentos, persoal de apoio, arbitraxe e calquera outro relacionado e directamente imputables á organización da actividade).

b) Material deportivo non inventariable (balóns, equipacións etc.).

3. Declaración responsable do representante da entidade en que se reflicta que o importe da subvención concedida pola Secretaría Xeral para o Deporte, xunto ás posibles subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, non supera, no caso dos clubs, os gastos ocasionados con motivo da participación dos seus equipos e deportistas nas competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico, estatal ou internacional, ou, no caso das agrupacións deportivas escolares, os gastos ocasionados con motivo da participación nas competicións e programas deportivos incluídos no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte (anexo VII).

4. No caso das sociedades anónimas deportivas, declaración responsable de non ter a condición de empresa en crise, conforme a definición prevista no artigo 1, número 7 do Regulamento CE 800/2008, do 6 de agosto (DOUE L 214/3, do 9.8.2008), da Comisión, en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.

14.2. O órgano concedente comprobará, mediante a aplicación de técnicas de mostraxe, un número de expedientes significativo, coa finalidade de obter a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención, para o cal poderá requirirlle á entidade beneficiaria a remisión da totalidade dos documentos xustificativos e, en todo caso, procederá a requirirlle a totalidade dos ditos documentos cando, das comprobacións realizadas, non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención. Para estes efectos, e consonte o artigo 42.3 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de importes inferiores a 1.000 € a documentación acreditativa do gasto e do pagamento poderá consistir no correspondente xustificante de recepción do provedor.

14.3. A Secretaría Xeral para o Deporte poderá solicitar as aclaracións ou informes dos medios de xustificación que considere oportunos.

14.4. A documentación sinalada neste artigo será presentada, por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a través dos servizos provinciais de Deportes, ante a Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 15. Pagamento

15.1. Os beneficiarios das subvencións deberán solicitar o aboamento da axuda concedida no momento sinalado na correspondente convocatoria.

15.2. O pagamento da subvención queda condicionado á presentación da documentación xustificativa sinalada no artigo anterior.

15.3. O importe da subvención farase efectivo nun único pagamento na conta bancaria certificada na xustificación.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

16.1. As entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e en particular a adoptar as seguintes medidas de identificación, información e publicidade da subvención concedida:

a) Incluír o logotipo da Secretaría Xeral para o Deporte –dispoñible para os efectos na páxina web http://deporte.xunta.es/– nos medios de comunicación da entidade. Así mesmo, os clubs que compitan a nivel estatal deberán incluír no vestiario deportivo oficial o citado logotipo.

b) Colaborar nas actividades programadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e, especialmente, mediante a participación dos xogadores, adestradores e equipo técnico nas actividades, cursos, conferencias ou clínics dirixidos a deportistas de base e á comunidade educativa.

c) Facilitar a incorporación dos deportistas nas convocatorias das seleccións galegas para participar en torneos ou campionatos oficiais ou amigables.

d) Conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

e) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. En todo caso, e segundo o artigo 49.1.h) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011, os beneficiarios das subvencións acollidas a esta resolución quedan exentos de achegar os xustificantes das anteriores obrigas.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 17 das presentes bases.

16.2. Os beneficiarios das subvencións quedan sometidos ás actuacións de control financeiro que lle correspondan á Consellería de Facenda e ás previstas na lexislación do Consello de Contas ou do Tribunal de Contas.

Artigo 17. Incumprimento, reintegros e sancións

17.1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver totalmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

17.2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

17.3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases reguladoras seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Control

As subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, dos servizos da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 19. Remisión normativa

En todo o non previsto nestas bases rexerá a normativa xeral en materia de subvencións constituída pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da norma anteriormente citada; así como polos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, conxunto normativo no que se establecen os requisitos xerais das subvencións concedidas pola Administración autonómica, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file