Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8125

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 8 de marzo de 2013 pola que se convocan para elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 016 (condutor/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Na Orde do 8 de marzo de 2013 (DOG nº 51, do 13 de marzo) pola que se convocan para elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 016 (condutor/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre, figura no anexo, co número 10, o posto co código PR.C02.00.005.32001.602 (páx. 7493 do DOG).

O posto quedou posteriormente incurso no procedemento de execución de sentenza ditada en autos número 653/2012 seguidos ante o Xulgado do Social número 1 de Ourense.

Polo exposto, cómpre:

Eliminar do anexo da Orde do 8 de marzo de 2013 o posto número 10:

Núm.

Código do posto

Denominación

Cons.

Crupo-categ.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Observacións

10

PR.C02.00.005.32001.602

Condutor/a

PR

IV-16

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais (Ourense)

Secretaría Xeral Técnica

Ourense

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda