Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8127

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de marzo de 2013 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O Decreto 29/2007, do 8 de marzo, regula a selección, o nomeamento e o cesamento de directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, mediante un concurso en que se garantan os principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade, entre funcionarios e funcionarias de carreira dun corpo docente, en situación de servizo activo e que estean prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O decreto recolle que a selección deberá ser realizada no propio centro por unha comisión constituída por representantes da Administración e do centro e que os e as aspirantes deberán superar un programa de formación inicial.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2012/13 e cuxas actuais direccións non solicitaron a correspondente prórroga.

Na súa virtude, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I desta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á dirección

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Estar en situación de servizo activo.

c) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.

d) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario de carreira, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

e) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

f) Estar prestando servizos en centros docentes públicos, nalgunha das ensinanzas das que se ofrecen no centro a que se opta, cunha antigüidade de polo menos un curso completo ao publicarse a convocatoria. Para estes efectos considéranse as mesmas ensinanzas a educación infantil e a educación primaria.

2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais ou superiores deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras c) e d) do punto 1 desta epígrafe.

Terceiro. Solicitudes e documentación

1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt

Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es, polo que quen non a teña deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario

Xunto coa solicitude achegarase, ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Se é o caso, a aplicación informática expedirá certificación do xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que acredite que o solicitante ten destino definitivo no centro.

c) Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, ás previstas nos artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O proxecto de dirección non excederá de 30 folios DIN A4, no tipo de letra Times New Roman, espazo entre liñas de 1,5.

d) Calquera outra documentación que a candidata ou candidato considere idónea en interese da súa solicitude.

2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición dos membros do claustro de profesores e do consello escolar na secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na secretaría.

4. A solicitude, xunto coa documentación que se alude no punto anterior, poderase presentar nos departamentos territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se opte por presentar a solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Comisión de selección

1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que terá a seguinte composición:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designados pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

b) Tres profesoras ou profesores do centro elixidos polo claustro de profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. Cada profesor ou profesora poderá emitir dous votos.

c) Tres membros do consello escolar, elixidos por e entre os membros do consello escolar que non son profesoras ou profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. Cada membro do consello escolar poderá emitir dous votos.

2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o representante do claustro de profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, en caso de empate, o máis novo.

3. A representación do consello escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

4. En ningún caso as candidatas ou candidatos á dirección poderán formar parte da comisión de selección.

5. Designaranse suplentes dos membros da comisión de selección en cada un dos ámbitos de representación, que actuarán en substitución dos titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destes.

6. Aos membros da comisión de selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do claustro e do consello escolar na comisión de selección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dos cinco días seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe cuarta desta orde.

8. A non elección dos representantes do claustro de profesores ou do consello escolar non impedirá a constitución da comisión de selección. De non se elixiren os representantes do claustro e do consello escolar, a xefatura territorial nomeará a dirección do centro por un período de dous anos, oídos o claustro e o consello escolar.

9. A composición da comisión de selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Sexto. Composición da comisión de selección en determinados supostos

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á dirección non permita ao claustro elixir tres membros de entre o profesorado, a composición da comisión de selección será a seguinte:

– Unha inspectora ou inspector de Educación, designado/a pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

– Un profesor ou profesora do centro elixida polo claustro de profesorado. Cada profesor ou profesora poderá emitir un só voto.

– Un membro do consello escolar, elixido por e entre os seus compoñentes que non sexan profesoras ou profesores. Cada membro do consello escolar poderá emitir un só voto.

Sétimo. Funcións da comisión de selección e procedemento de funcionamento

1. Recibidas as solicitudes presentadas na xefatura territorial, a comisión de selección comprobará que as/os aspirantes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e notificaralles aos aspirantes a admisión ou rexeitamento da súa petición.

2. Contra o rexeitamento da solicitude os aspirantes poderán presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

3. A comisión de selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II a esta orde. A aplicación informática realizará unha proposta de baremo en función dos datos que constan no expediente persoal.

4. A comisión de selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a comisión de selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.

5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todos os membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. Contra as puntuacións outorgadas pola comisión de selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.

Oitavo. Selección das candidaturas

1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a comisión de selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporán como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para poder ser seleccionado e ser nomeado para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

3. A selección realizarase considerando, primeiro, as candidaturas do profesorado que teña destino definitivo no centro, que terán preferencia. En ausencia de candidaturas do centro ou cando estas non fosen seleccionadas, a comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.

4. No caso de se produciren empates na puntuación total dos aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

5. Se unha candidata ou candidato resulta seleccionado para dous centros, resultará nomeada/o no centro en que tivese destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeada/o no centro polo que opte, e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido outra ou outro aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Noveno. Recursos

Contra a decisión da comisión de selección en que resolva definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo. Programa de formación inicial

1. As/os aspirantes seleccionadas/os que non estean exentos deberán superar un programa de formación inicial, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Aqueles candidatos e candidatas que non superen este programa de formación inicial non poderán ser nomeados directores ou directoras.

2. O programa de formación inicial consistirá nun curso teórico e na realización de supostos prácticos. O curso teórico deberá ter unha duración mínima de cen horas e incorporar no seu programa contidos sobre sistemas de xestión de calidade dos centros educativos, planificación e organización das actividades escolares, a organización e xestión de recursos humanos, procedementos de xestión administrativa e orzamentaria, formación para a convivencia, elaboración do proxecto lingüístico do centro, igualdade de xénero, mediación e resolución pacífica de conflitos, normativa en materia de centros da lingua galega, alumnado e profesorado.

3. O deseño destes cursos realizarao o Servizo de Formación do Profesorado e serán organizados polos centros de formación e recursos.

Décimo primeiro. Exención do programa de formación inicial

1. Estarán exentos de realizar este programa inicial de formación aqueles aspirantes que acrediten unha experiencia de polo menos dous anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos. Computará, para estes efectos, como un ano o nomeamento polo período lectivo dun curso académico e estar desempeñando a dirección no actual curso académico.

2. O profesorado que estivese acreditado para o exercicio da dirección dos centros docentes públicos estará exento da realización do curso teórico do programa de formación inicial.

Décimo segundo. Avaliación do programa de formación

Para a avaliación do programa de formación inicial constituirase unha comisión de ámbito provincial, nomeada pola/o xefa/xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da cal formarán parte:

a) O xefe ou a xefa do Servizo de Inspección, que actuará como presidenta ou presidente.

b) Un director ou directora dun centro que imparta educación infantil, educación primaria ou educación infantil e primaria.

c) Un director ou directora dun centro que imparta educación secundaria.

d) Un director ou directora dun centro que imparta ensinanzas de réxime especial.

e) O director ou directora de cada centro de formación e recursos da provincia.

f) Unha funcionaria ou funcionario da xefatura territorial, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

Décimo terceiro. Nomeamento

1. A xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá a nomear directora ou director:

a) A aquelas candidatas e candidatos seleccionados que estean exentos da realización do programa de formación inicial.

b) A aquelas candidatas e candidatos seleccionados que teñan superado o programa de formación inicial.

2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2013 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, o nomeamento e o cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.

Décimo cuarto. Nomeamento con carácter extraordinario

1. Nos supostos de ausencia de candidatos, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, oídos o claustro de profesores e o consello escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na epígrafe segunda desta orde e, preferentemente, que teña destino definitivo no centro.

2. A persoa seleccionada deberá realizar o programa de formación inicial, agás que estivese exenta da súa realización, conforme o previsto na epígrafe décimo primeira desta orde.

Disposición adicional primeira

Se con data do 30 de xuño de 2013 non estivese rematado o programa de formación inicial, a efectividade da duración do nomeamento da dirección quedará supeditada á superación do programa.

Disposición adicional segunda

Excepcionalmente, poderase aprazar a realización do programa de formación inicial no caso de estar gozando de licenza por embarazo ou de incapacidade temporal. Neste suposto, a efectividade da duración do nomeamento da dirección quedará supeditada á superación posterior do programa.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Centros con praza vacante de dirección para o curso 2013/14

Código

Centro

Concello

Provincia

15023041

CEIP de Galán

Arteixo

A Coruña

15027733

IES de Arzúa

Arzúa

A Coruña

15001124

CEIP Francisco Vales Villamarín

Betanzos

A Coruña

15001136

IES Francisco Aguiar

Betanzos

A Coruña

15001367

CEIP Plurilingüe de Abanqueiro

Boiro

A Coruña

15023338

IES Praia Barraña

Boiro

A Coruña

15027149

CEIP de Cespón

Boiro

A Coruña

15027851

IES A Cachada

Boiro

A Coruña

15001665

CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto

Boqueixón

A Coruña

15002050

CEIP O Areal

Camariñas

A Coruña

15002086

CEIP de Ponte do Porto

Camariñas

A Coruña

15023065

CEIP Gonzalo Torrente Ballester

Cambre

A Coruña

15002591

IES Monte Neme

Carballo

A Coruña

15021524

CEIP A Cristina

Carballo

A Coruña

15003005

CPI Vicente Otero Valcárcel

Carral

A Coruña

15026376

IES Punta Candieira

Cedeira

A Coruña

15003212

IES Agra de Raíces

Cee

A Coruña

15003534

CEIP da Barqueira

Cerdido

A Coruña

15002670

CEIP Canosa-Rus

Coristanco

A Coruña

15003807

CEIP de Bormoio-Agualada

Coristanco

A Coruña

15003881

CPI Alcalde Xosé Pichel

Coristanco

A Coruña

15004988

CEIP Eusebio da Guarda

Coruña, A

A Coruña

15005233

IES Agra do Orzán

Coruña, A

A Coruña

15005336

CEE Nosa Señora do Rosario

Coruña, A

A Coruña

15021548

CEIP Sal Lence

Coruña, A

A Coruña

15025611

IES Monte das Moas

Coruña, A

A Coruña

15005932

CEIP de Curtis

Curtis

A Coruña

15032492

CRA de Dodro

Dodro

A Coruña

15021810

CEIP Santa Eulalia de Dumbría

Dumbría

A Coruña

15022981

CEIP de Centieiras

Fene

A Coruña

15032081

IES de Fene

Fene

A Coruña

15006699

CEIP Recimil

Ferrol

A Coruña

15024941

CEIP A Laxe

Ferrol

A Coruña

15026960

CEIP de Ponzos

Ferrol

A Coruña

15007242

CEIP Mar de Fóra

Fisterra

A Coruña

15007266

CEIP Areouta

Fisterra

A Coruña

15027915

IES Fin do Camiño

Fisterra

A Coruña

15007621

CPI Cabo da Area

Laxe

A Coruña

15021861

CEIP Joaquín Rodríguez Otero

Malpica de Bergantiños

A Coruña

15008805

CEIP de Melide nº 1

Melide

A Coruña

15027526

CEIP Mestre Pastor Barral

Melide

A Coruña

15009081

CEIP de San Ramón

Moeche

A Coruña

15025657

IES de Mugardos

Mugardos

A Coruña

15009676

CEIP Virxe da Barca

Muxía

A Coruña

15027927

IES Ramón Caamaño

Muxía

A Coruña

15022310

CEIP A Gándara

Narón

A Coruña

15026731

IES Campo de San Alberto

Noia

A Coruña

15011026

CEIP de Rabadeira

Oleiros

A Coruña

15025487

CEIP Campomaior

Ordes

A Coruña

15011567

CEIP de Sigüeiro

Oroso

A Coruña

15012730

IES Camilo José Cela

Padrón

A Coruña

15023090

IES Macías o Namorado

Padrón

A Coruña

15025682

IES Fraga do Eume

Pontedeume

A Coruña

15026194

CEIP Plurilingüe A Fraga

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

15013928

CEIP de Sobrado-Nebra

Porto do Son

A Coruña

15013977

CEIP Santa Irene

Porto do Son

A Coruña

15026807

IES Félix Muriel

Rianxo

A Coruña

15027401

CEIP Ana María Diéguez

Rianxo

A Coruña

15024771

CEP Plurilingüe de Carreira

Ribeira

A Coruña

15014957

CPI de San Sadurniño

San Sadurniño

A Coruña

15015861

IES Eduardo Pondal

Santiago de Compostela

A Coruña

15016012

CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios

Santiago de Compostela

A Coruña

15027319

IES de Sar

Santiago de Compostela

A Coruña

15016784

CEIP Virxe do Portal

Sobrado

A Coruña

15027411

IES de Cacheiras

Teo

A Coruña

15018203

CPI de Bembibre

Val do Dubra

A Coruña

15019372

CEIP San Vicenzo

Vimianzo

A Coruña

15026418

IES Terra de Soneira

Vimianzo

A Coruña

15026789

CEIP Baíñas

Vimianzo

A Coruña

27013934

IES Perdouro

Burela

Lugo

27015301

CEIP de Cervo

Cervo

Lugo

27014811

IES Fontem Albei

Fonsagrada, A

Lugo

27006531

IES Lucus Augusti

Lugo

Lugo

27006553

IES Xoán Montes

Lugo

Lugo

27015761

IES Ánxel Fole

Lugo

Lugo

27015773

IES Muralla Romana

Lugo

Lugo

27016728

CEIP Illa Verde

Lugo

Lugo

27006966

IES San Rosendo

Mondoñedo

Lugo

27007247

IES Francisco Daviña Rey

Monforte de Lemos

Lugo

27007259

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

Lugo

27020801

CEIP de Monterroso

Monterroso

Lugo

27009608

CEIP O Salvador

Pastoriza, A

Lugo

27016716

IES Fonmiñá

Pastoriza, A

Lugo

27016297

IES Enrique Muruais

Pontenova, A

Lugo

27020902

IES de Ribadeo

Ribadeo

Lugo

27012048

IES Xograr Afonso Gómez

Sarria

Lugo

27012607

CEIP Celso Currás

Trabada

Lugo

27012887

CEIP do Vicedo

Vicedo, O

Lugo

27015827

CEIP Terra Chá

Vilalba

Lugo

27013648

IES Vilar Ponte

Viveiro

Lugo

27014100

EEI San Roque

Viveiro

Lugo

27016170

CEIP Santa Rita

Viveiro

Lugo

27016406

CEIP de Covas

Viveiro

Lugo

27005691

CEIP Pedro Caselles Rollán

Xove

Lugo

32016339

IES de Allariz

Allariz

Ourense

32016789

CEIP Filomena Dato

Barbadás

Ourense

32015906

CEIP Pena Corneira

Carballeda de Avia

Ourense

32003059

CEIP San Marcos

Cartelle

Ourense

32003503

CEIP de Castrelo de Miño

Castrelo de Miño

Ourense

32015682

CEIP do Castrelo de Val

Castrelo de Val

Ourense

32003771

CEIP Curros Enríquez

Celanova

Ourense

32016431

IES San Mamede

Maceda

Ourense

32007272

CEIP Augusto Assía

Mezquita, A

Ourense

32020801

CRA de Monterrei

Monterrei

Ourense

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

Ourense

Ourense

32009165

CEIP As Mercedes

Ourense

Ourense

32015219

CEIP Manuel Sueiro

Ourense

Ourense

32016029

CEIP Ben-Cho-Shey

Pereiro de Aguiar, O

Ourense

32015876

IES Xermán Ancochea Quevedo

Pobra de Trives, A

Ourense

32011032

CEIP Antonio Vázquez Vázquez

Rairiz de Veiga

Ourense

32011901

CEIP Virxen do Camiño

Rubiá

Ourense

32013168

CEIP Eduardo Avila Bustillo

Veiga, A

Ourense

32013582

IES García-Barbón

Verín

Ourense

32016790

IES Castro de Baronceli

Verín

Ourense

32016777

IES Carlos Casares

Viana do Bolo

Ourense

32014501

CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez

Vilardevós

Ourense

32015232

IES Lagoa de Antela

Xinzo de Limia

Ourense

32005691

CEIP Padre Crespo

Xunqueira de Ambía

Ourense

36002220

CEIP Cabada Vázquez

A Estrada

Pontevedra

36002359

IES Antón Losada Diéguez

A Estrada

Pontevedra

36018653

CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo

A Guarda

Pontevedra

36014921

CEIP de Fontes-Baíña

Baiona

Pontevedra

36019463

IES Johan Carballeira

Bueu

Pontevedra

36016127

IES Aquis Celenis

Caldas de Reis

Pontevedra

36000508

CEIP de Castrelo

Cambados

Pontevedra

36015093

CEIP San Tomé

Cambados

Pontevedra

36019773

EEI da Pastora

Cambados

Pontevedra

36000922

IES María Soliño

Cangas

Pontevedra

36001033

CEIP de San Roque de Darbo

Cangas

Pontevedra

36001057

CEIP do Hío

Cangas

Pontevedra

36018975

CEIP A Rúa

Cangas

Pontevedra

36001148

CPI da Cañiza

Cañiza, A

Pontevedra

36001343

CEIP San Xoán Bautista

Cerdedo

Pontevedra

36024197

IES de Cotobade

Cotobade

Pontevedra

36015111

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Cuntis

Pontevedra

36001975

CEIP Pío Cabanillas Gallas

Dozón

Pontevedra

36019323

IES Chano Piñeiro

Forcarei

Pontevedra

36014672

CEIP Serra-Vincios

Gondomar

Pontevedra

36003807

CEIP Rosalía de Castro

Grove, O

Pontevedra

36003832

CEIP Valle-Inclán

Grove, O

Pontevedra

36014878

CEIP de Conmeniño

Grove, O

Pontevedra

36018100

CEIP As Bizocas

Grove, O

Pontevedra

36019232

IES Monte da Vila

Grove, O

Pontevedra

36020271

IES Plurilingüe As Bizocas

Grove, O

Pontevedra

36004174

CEIP Vicente Arias de la Maza

Lalín

Pontevedra

36013758

IES Laxeiro

Lalín

Pontevedra

36004681

CEIP de Seixo

Marín

Pontevedra

36004691

CEIP de Coirón-Dena

Meaño

Pontevedra

36004708

CPI de Mosteiro-Meis

Meis

Pontevedra

36013552

CEIP de Seara

Moaña

Pontevedra

36015378

CEIP de Tirán

Moaña

Pontevedra

36016796

EEI de Verducedo

Moaña

Pontevedra

36016814

EEI do Con

Moaña

Pontevedra

36013564

CEIP Pena de Francia

Mos

Pontevedra

36005774

CEIP Humberto Juanes

Nigrán

Pontevedra

36005956

CEIP Carlos Casares

Nigrán

Pontevedra

36015184

IES Escolas Proval

Nigrán

Pontevedra

36024756

CEE de Panxón

Nigrán

Pontevedra

36006067

CEIP Mestre Manuel García

Oia

Pontevedra

36007060

CEIP de Chancelas

Poio

Pontevedra

36015895

CEIP de Espedregada

Poio

Pontevedra

36007539

CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas

Pontevedra

36014520

IES Pedra da Auga

Ponteareas

Pontevedra

36024781

IES de Ponteareas

Ponteareas

Pontevedra

36006109

CEIP de Parada-Campañó

Pontevedra

Pontevedra

36006717

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Pontevedra

36006833

CEIP San Martiño

Pontevedra

Pontevedra

36013761

IES A Xunqueira I

Pontevedra

Pontevedra

36018689

EOI de Pontevedra

Pontevedra

Pontevedra

36018872

EPAPU Río Lérez

Pontevedra

Pontevedra

36016656

IES Pedro Floriani

Redondela

Pontevedra

36018410

CEIP Quintela

Redondela

Pontevedra

36007813

CPI Julia Becerra Malvar

Ribadumia

Pontevedra

36013576

CPI Manuel Suárez Marquier

Rosal, O

Pontevedra

36024318

CRA Raíña Aragonta

Salceda de Caselas

Pontevedra

36024970

CRA A Lagoa

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36008805

CEIP de Portonovo

Sanxenxo

Pontevedra

36019049

CEIP de Barrantes

Tomiño

Pontevedra

36019751

IES de Tomiño

Tomiño

Pontevedra

36024045

CRA Mestre Manuel Garcés

Tomiño

Pontevedra

36024161

CRA de Valga

Valga

Pontevedra

36009974

CEIP de Coutada-Beade

Vigo

Pontevedra

36009998

CEIP de Mosteiro-Bembrive

Vigo

Pontevedra

36010083

CEIP Carballal-Cabral

Vigo

Pontevedra

36010150

CEIP Mestres Goldar

Vigo

Pontevedra

36010228

CEIP A Paz

Vigo

Pontevedra

36010241

CEIP Illas Cíes

Vigo

Pontevedra

36010711

CEP Dr. Fleming

Vigo

Pontevedra

36014601

IES Álvaro Cunqueiro

Vigo

Pontevedra

36015078

CEIP Balaídos

Vigo

Pontevedra

36015241

CEP Celso Emilio Ferreiro

Vigo

Pontevedra

36015366

CEIP O Pombal

Vigo

Pontevedra

36015810

CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares

Vigo

Pontevedra

36016085

CMUS Superior de Vigo

Vigo

Pontevedra

36016681

IES Carlos Casares

Vigo

Pontevedra

36017697

CEIP Escultor Acuña

Vigo

Pontevedra

36018185

CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro

Vigo

Pontevedra

36019050

IES de Beade

Vigo

Pontevedra

36019153

EEI Rúa Hernán Cortés (36-Vigo)

Vigo

Pontevedra

36012584

CEIP Rosalía de Castro

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013771

IES Fermín Bouza Brey

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36015263

CEIP de Rubiáns

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36015792

CEIP Xulio Camba

Vilanova de Arousa

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 4 puntos).

1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario de carreira que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos).

2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

1

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro ao que se opta:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento.

3. Méritos académicos: máximo 1 punto.

3.1. Por cada título de doutor:

0,50

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,25

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,15

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín en que apareza o seu nomeamento.

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

ANEXO III
Solicitude de participación no concurso de méritos para a selección,
o nomeamento e o cesamento dos directores e directoras dos centros docentes
públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006,
do 3 de maio, de educación, na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Datos persoais.

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Enderezo (rúa, praza, número, piso)

Localidade (con indicativo postal)

Provincia

Telf. fixo

Telf. móbil

2. Datos do destino.

Destino definitivo

Corpo/especialidade

Destino provisional

Corpo/especialidade

3. Centro docente que solicita.

Orde

Código

Centro

Concello

1

2

..., ... de... de 20...

Sinatura

Xefatura Territorial de ………………….