Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da notificación dun expediente de sanción por infracción na orde social.

Notifícanse, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ao non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral), o seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa

Domicilio

NIF

Nº exp.

Contía

Disp. infrinxida

Vilaboa Hispania

C.C. As Termas-Lugo

B83089615

42/2012

8.000 €

Art. 5.1 RDL 5/2000, do 4 agosto

Contra esta resolución poderá interpor o interesado recurso de alzada, polo conduto desta xefatura territorial perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 20 de febreiro de 2013

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo