Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2003/0163-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza firme do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, recaída no procedemento número 133/2012, polo accidente laboral do traballador Alfonso Ferreiro Castaño.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación.

• Escrito de alegacións.

• Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que considere pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2003/0163-4.

Acta núm. 332/2003.

Empresa: Edificaciones Abalo y Ríos, S.L.

NIF/DNI: B-36188761.

Enderezo: avenida Dr. Carús, 7, 2º E, Vilagarcía de Arousa.

Vigo, 22 de febreiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo