De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto autonómico 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o seguinte proxecto técnico:
– Proxecto de legalización de explotación agrícola en San Cristovo de Chamoso, sendo promotor Fernando Arias Tellado.
Aquelas persoas que se consideren interesadas poderán examinalo nas dependencias municipais, en horario de oficina, durante un prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio, que se realizará nos seguintes medios: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.
O Corgo, 25 de febreiro de 2013
José Antonio Ferreiro González
Alcalde

