1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.
2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
4) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 27 74-881 54 03 05 (cuestións técnicas).
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
7) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 22 de abril de 2013.
d) Número do expediente: AB-SER3-13-001.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obra.
b) Descrición do obxecto: obra de construción da fase I do Plan director H2050 do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, CHUO (no marco dos proxectos Innova Saúde e H2050, cofinanciados nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder fondo tecnolóxico 2007-2013.
c) División por lotes e número: non procede.
d) Lugar de entrega:
1) Enderezo: léanse os pregos. Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
2) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
e) Prazo de execución: 28 meses.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 45215140.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e expediente anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
4. Valor estimado do contrato: 47.921.942,15 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 47.921.942,15 €, IVA (%): 21 %. Importe total: 57.985.550,00 €. Ver pregos.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría f; grupo I, subgrupo 6, categoría e; grupo J, subgrupo 2, categoría e.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: ata o día 22 de abril de 2013.
b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.
c) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (o horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
d) Admisión de variantes: non se admite.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura do sobre B e sobre C en actos públicos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver punto 18 da cuberta do prego.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.2.2013.
12. Outras informacións: esta contratación inclúese no marco dos proxectos Innova Saúde e H2050, cofinanciados nun 80 % pola Unión Europea, a través do programa operativo Feder fondo tecnolóxico 2007-2013. O proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares poderanse examinar na Dirección de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos; ou poderanse obter nas copistarías Copy Belén, rúa Rosalía de Castro, nº 29-30, 15701 Santiago de Compostela (teléfono 981 59 99 24); Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, 2 soto dta., 15706 Santiago de Compostela (teléfono 981 59 23 93); Copynino, rúa Feáns, 17, baixo, 15706 Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) ou tamén no perfil do contratante http://www.sergas.es
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013
Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos

