Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica á persoa interesada o requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa sancionadora ES-P-0007/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícase á persoa interesada o requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa sancionadora.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: ES-P-0007/11.

Nome: Clotilde Rosa F. Vaello Lorenzo.

Enderezo: rúa dos Basquiños, 19, 2º, Santiago de Compostela.

Asunto: requirimento previo á execución forzosa da resolución administrativa sancionadora.

Contía: 6.001 €.