Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 4 de marzo de 2013 polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia nos expedientes números 32075/2012 e 32076/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo o 24 de xaneiro de 2013.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avenida de Zamora, nº 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 4 de marzo de 2013

Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo

ANEXO

Expedientes números: 32075/2012 e 32076/2012.

Interesada: Obras y Servicios Hispania Gas, S.A.

NIF: A15512387.

Acto notificado: resolución dos expedientes sancionadores.