Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de convocatoria e bases reguladoras do proceso de selección, polo procedemento de oposición libre, de dúas prazas de funcionarios/as de carreira.

No BOP da Coruña nº 166, do 31 de agosto de 2012, aparecen publicadas a convocatoria e as bases reguladoras do proceso de selección, polo procedemento de oposición libre, de dúas prazas de funcionarios/as de carreira de Administración xeral, grupo C, subgrupo C2, subescala auxiliar, incluídas na oferta de emprego público do Concello do ano 2010 (BOP nº 218, do 16 de novembro).

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios do concello e/ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de conformidade co establecido na base cuarta.

A Laracha, 28 de febreiro de 2013

José Manuel López Varela
Alcalde