Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8825

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun bazar.

Marta Lores Aguín solicitou licenza municipal de actividade para instalación e apertura dun bazar, que se situará na rúa Castelao, nº 29. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no Departamento de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 25 de febreiro de 2013

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde