Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2012147TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de decembro de 2012, a conselleira de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador nº 2012147TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Century Santa Comba, S.L., titular do establecemento Discoteca Zona Zero.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Century Santa Comba, S.L., titular do establecemento Discoteca Zona Zero, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, na secretaría xeral (Servizo Técnico Xurídico), situada no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2012147TA-CO.

Denunciada: Century Santa Comba, S.L., titular do establecemento Discoteca Zona Zero.

DNI/CIF: B70082821.

Último enderezo coñecido: rúa Estatuto de Autonomía, 22, Cee.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigos 7.u), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005 e artigo 42 da Lei 8/2008, de saúde de Galicia.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.