Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de marzo de 2013 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento de dous inmobles situados no concello de Pontevedra e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Mediante ordes da Consellería de Facenda do 22 de maio, 25 de xuño, 20 de novembro e 28 de decembro de 2012, foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados nos concellos da Estrada, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, así como dunha serie de bens mobles.

Logo de publicarse o 15 de febreiro de 2013 no Diario Oficial de Galicia número 33, e nun xornal de ampla difusión (Faro de Vigo do mesmo día), o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento dos citados inmobles realizouse o 8 de marzo de 2013 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Roberto González Cedillo, polo prezo de 180.000 euros, o local nº 1 descrito como predio urbano, local na planta baixa ás rúas Cervantes e Pastor Díaz, destinado a usos comerciais do edificio Palmeras, en Pontevedra, con fachada á rúa Pastor Díaz e avenida Raíña Victoria, de 221,51 m2 de superficie construída, con soportais anexos de 44,85 m2, que ten o seu acceso polos mencionados soportais situados ao oeste, polos denominados Xardíns de Vicenti. Linda; fronte ou oeste, Xardíns de Vicenti; dereita entrando ou sur, avenida Raíña Victoria; esquerda ou norte, portal de acceso ás oficinas e local nº 3; fondo ou leste, local nº 3. Cota de participación: 5,23 %. Referencia catastral: 9176301NG2997N0030SF. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Pontevedra como predio nº 77.595, no tomo 1.912, libro 1.061, folio 35, primeira inscrición.

2. A Anturbarq, S.L., polo prezo de 35.548,34 euros, o local nº 2 descrito como predio urbano, local na planta baixa ás rúas Cervantes e Pastor Díaz, destinado a usos comerciais do edificio Palmeras, en Pontevedra, con fachada á rúa Pastor Díaz e avenida Raíña Victoria, de 86,40 m2 de superficie construída, con soportais anexos de 39,95 m2, que ten o seu acceso polos mencionados soportais situados ao oeste, polos denominados Xardíns de Vicenti. Linda; fronte ou oeste, Xardíns de Vicenti; dereita entrando ou sur, portal de acceso a oficinas; esquerda ou norte, paseo de Cervantes; fondo ou leste, portal de acceso a vivendas e elementos comúns. Cota de participación: 2,04 %. Referencia catastral: 9176301NG2997N0031DG. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Pontevedra como predio nº 77.596, no tomo 1.912, libro 1.061, folio 37, primeira inscrición.

Segundo. Declarar deserta en primeira poxa a adxudicación dos seguintes bens inmobles e mobles:

1. Casa situada na praza do Teucro, nº 18, esquina rúa Real da cidade de Pontevedra, composta de semisoto, baixo e un piso duns 496 m2 segundo os datos da Dirección Xeral do Catastro, e 276 m2 de superficie construída segundo rexistro, que linda: fronte, praza do Teucro; dereita, herdeiros de Jaime Facorro Gantad; esquerda, rúa Real; fondo, predio da familia Magdalena García. Referencia catastral 9280503NG2998S0001GL. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 de Pontevedra como predio nº 3.753, tomo 306, libro 98 e folio 120. Tipo de licitación primeira poxa: 850.350,41 euros.

2. Urbano: local na entreplanta do edificio sinalado co nº 28 da avenida Doutor Tourón, concello de Vilagarcía de Arousa, cunha superficie útil de 121,21 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: dereita, Dalmira Penide Davila; esquerda, predio nº 16.301, descanso, caixa da escaleira e patio de luces; fronte, avenida Doutor Tourón e caixa da escaleira; e fondo, Irlanda Penide Dávila, descanso e caixa de escaleira. Referencia catastral: 9257810NH1195N0005BL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa como predio nº 11.041, libro 298 e folio 105. Tipo de licitación primeira poxa: 94.219,62 euros.

3. Mesa de madeira tallada de 182×98×77 centímetros.

Mesa de madeira tallada e torneada de 162×100×80 centímetros.

Mesa de madeira tallada de 248×124×83 centímetros.

Cadeira de madeira e coiro de 109×57,50 centímetros (catro unidades).

Armario de madeira e vidro de 180×175×40 centímetros.

Máquina de escribir Olivetti Línea 98 e máquina calculadora.

Mesa de reunións de madeira de 455×132×80 centímetros.

Andeis de madeira de 80×242×25 centímetros (tres unidades).

Tipo de licitación primeira poxa: 4.085 euros.

Terceiro. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación do seguinte inmoble:

Soar denominado Campo da Marea, labradío sequeiro, situado no termo municipal da Estrada, cunha superficie aproximada de 163 m2, que linda: norte, en liña de dezaseis metros con corenta centímetros, máis terreo do mesmo vendedor; sur, en liña de dezaseis metros vinte centímetros, rúa en proxecto de sete metros de longo; leste en liña de dez metros, rúa en proxecto de sete metros de longo; oeste, tamén en liña de dez metros, rúa en proxecto de once metros de longo. Referencia catastral: 1263908NH4216S0001OE. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada como predio nº 30.675, tomo 608, libro 493 e folio 197. Tipo de licitación primeira poxa: 69.678 euros. Tipo de licitación segunda poxa: 59.226,30 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 48.774,60 euros.

Cuarto.

1. Desistir do procedemento de venda do inmoble situado na praza do Teucro, nº 18, concello de Pontevedra.

2. De acordo co disposto no prego de condicións deste alleamento, realizarase segunda e terceira poxa dos bens mobles, así como do inmoble situado no concello de Vilagarcía de Arousa, o día 8 de abril de 2013 no salón de conferencias do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, a partir das 11.30 horas, con rebaixa no tipo de taxación dun 15 %. Se a segunda poxa queda deserta, os bens ofertaranse a continuación en terceira poxa cunha rebaixa do tipo de licitación dun 30 % respecto da primeira.

Quinto. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Sexto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, sendo por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda