Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a concesión de obra pública para a construción e explotación dun cámping de segunda categoría na Illa de Ons, dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18589

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 4/2013 CN.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión de obra pública.

b) Descrición: concesión de obra pública para a construción e explotación dun cámping de segunda categoría na Illa de Ons, dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

c) Prazo de execución das obras: oito (8) meses.

d) Prazo da concesión: 30 anos.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45212110-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado: 504.401,66 €.

5. Orzamento do investimento:

a) Importe neto: 504.401,66 €. Importe total: 610.326,01 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: 10.088,03 € (2 % do orzamento estimado de investimento).

Definitiva: as establecidas na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: un mes contado desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en oito días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas