Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9685

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (210/2012).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, por medio deste edicto anuncia que neste procedemento de xuízo ordinario 210/2012, seguido por instancia de Jesús Cao Gacio fronte a Fernando María Escudero Brión, se ditou sentenza con data do 12 de decembro de 2012 e auto de notificación con data do 15 de xaneiro de 2013.

Ao estar o demandado Fernando María Escudero Brión en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Fáiselles saber aos interesados que se poderán dirixir a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a resolución indicada cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da notificación.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial