Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9683

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4045/2010).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 4045/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 836/2009 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrente: María Jesús Durán Fernández.

Avogado: Francisco José Gonzalez Martínez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Montajes Eléctricos Selec, S.L., Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151.

Avogado: Balbino Irisarri Castro.

Procuradora: María Fara Aguiar Boudín.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4045/2010 CG, seguido por instancia de María Jesús Durán Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Montajes Eléctricos Selec, S.L., Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151, sobre viuvez, se ditou, con data do 6 de marzo de 2013, a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto en nome e representación de María Jesús Durán Fernández contra a sentenza ditada o 11 de xuño de 2010 polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en autos 836/2009, seguidos por instancia da recorrente contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, mutua Asepeyo e a empresa Selec, S.L., sobre viuvez, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á Montajes Eléctricos Selec, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na avenida de Vilagarcía, 129 de Cambados (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2013

A secretaria xudicial