Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (377/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento nº 377/2010 deste xulgado do social seguido por instancia de Iván del Río Maceira contra a empresa José Manuel Casas Señarís, sobre cantidade, se ditou a seguinte, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que, estimando a demanda interposta por Iván del Río Maceira contra a mercantil José Manuel Casas Señarís, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir as súas retribucións mensuais conforme o convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada, por xornada completa, e condeno a demandada a avirse a esta declaración e, así mesmo, a aboar a Iván del Río Señarís a cantidade de 9.351,93 euros polos conceptos detallados no feito probado sexto desta resolución, máis o 10 % da devandita suma por demora no seu pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírteselle á parte demandada que para interpoñer recurso deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 300 euros en concepto de depósito, sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentenza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a José Manuel Casas Señarís, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

A secretaria xudicial