Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (348/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 348/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Vázquez Cebey contra a empresa Ferrolace, S.L., Irevir Transporte Urgente, S.L., Jaisuyoma Arias Bastos, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Estímase a demanda formulada por Marcos Vázquez Cebey fronte ás mercantís Ferrolace, S.L., Irevir Transporte Urgente, S.L. e Jaisuyoma Arias Bastos, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado o 7.3.2012 e condeno conxunta e solidariamente as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou por readmitir os traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación por importe de 15.935,13 euros, máis os que se devindiquen ata a notificación da sentenza, a razón de 51,52 euros diarios, ou ben pola extinción da relación contractual, con aboamento neste caso de 1.494,08 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá perante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Jaisuyoma Arias Bastos, S.L. en paradoiro descoñecido insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

A secretaria xudicial