Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pantón

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial do expediente de delimitación de solo de núcleo rural de Tribás.

A Xunta de Goberno local do Concello de Pantón, en sesión que tivo lugar o pasado día 18 de febreiro de 2013, aprobou inicialmente o expediente de delimitación do núcleo rural de Tribás, pertencente ao termo municipal de Pantón.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e na redacción dada a esta pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos diarios La Voz de Galicia e El Progreso de Lugo. No caso de producirse a inserción en datas diferentes, o prazo computará desde a última publicación.

Durante este prazo, poderase examinar o devandito expediente na Secretaría do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Pantón, 11 de marzo de 2013

José Luis Álvarez Blanco
Alcalde