Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Samos

ANUNCIO de delimitación do núcleo rural de Vigo do Real.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ao público o expediente iniciado neste concello por instancia de Juan Bautista Vila López, de delimitación do núcleo rural de Vigo do Real, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión no municipio, para efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Samos, 7 de marzo de 2013

Julio Gallego Moure
Alcalde