Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9776

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1146/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1146/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Méndez Varela contra a empresa José Manuel Añón Vázquez, Fondo de Garantía Salarial, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, posibles herdeiros do empresario José Manuel Añón Vázquez, Pedro Pablo Añón Outeiro, Ana Añón Outeiro, María Josefa Outeiro Martínez, herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1146/2012, sendo demandante José Luis Méndez Varela, asistido pola graduada social Sra. Ferreiro Río, e demandados a empresa José Manuel Añón Vázquez, a herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, Pedro Pablo Añón Outeiro e Ana Añón Outeiro, asistidos pola letrada Sra. Velo Louzán, María Josefa Outeiro Martínez, asistida pola letrada Sra. Arias Castro, e os herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, tendo sido citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Prosper Montalvo.

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente, a demanda interposta por parte de José Luis Méndez Varela contra a empresa José Manuel Añón Vázquez, contra a herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, contra Pedro Pablo Añón Outeiro e contra Ana Añón Outeiro, contra María Josefa Outeiro Martínez e contra os herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, e, en consecuencia, condeno a Ana Añón Outeiro ao aboamento a favor de José Luis Méndez Varela da cantidade de 7.300,84 euros que debe, cantidade que se deberá incrementar co xuro de mora do 10 %.

Da mesma maneira, debo absolver e absolvo a herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, a Pedro Pablo Añón Outeiro, a María Josefa Outeiro Martínez e os herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez de cantas pretensións se exercesen na súa contra en méritos do presente procedemento.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación aos herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, expido a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de marzo de 2013

A secretaria xudicial