Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9778

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1039/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1039/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Liñares Noya contra a empresa Trebellos, S.L., Miguel A. Carrillo Domínguez e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda interposta polo demandante Juan Carlos Liñares Noya contra a empresa Trebellos, S.L. e Miguel A. Carrillo Domínguez, debo condenar e condeno solidariamente a estes a que aboen ao demandante a cantidade de 8.017,94 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por demora que se percibirá desde o 2 de agosto de 2010. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza que pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Trebellos, S.L. e a Miguel A. Carrillo Domínguez, en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013

A secretaria xudicial