Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10047

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade, relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2013.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2013, que subscribiu a comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade, na xuntanza do 18 de febreiro de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta da xuntanza da comisión paritaria do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade

En Santiago de Compostela, ás once horas do día dezaoito de febreiro de dous mil trece, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais reúnense as persoas que abaixo se sinalan.

– Representación empresarial:

Noelia Martínez González (ACOLLE).

Mª Celina Rey Diéguez (ACOLLE).

Lucía del Campo Redondo (AGARTE).

Tamar Hidalgo González (AGARTE, asesora).

José Mª Pazos Seco (AGARTE).

Eva María Jove González (AGARTE).

José Antonio Patiño Amboage (AGARTE).

– Representación social:

CIG:

Beatriz Larralde González.

Xabier Vázquez López.

Beatriz Martínez Vaamonde.

Verónica Boada López.

Mar Acosta Lacalle.

UGT-Galicia:

Javier Martínez Fente.

A cuestión obxecto da presente xuntanza é dar cumprimento ao establecido no artigo 5, denuncia e prórroga, do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade.

A representación empresarial solicita á parte sindical a apertura dun período de reflexión sobre as consecuencias da aplicación do IPC na situación en que as empresas se atopan na actualidade e propón acordar unha alternativa que minimice o impacto do incremento que consta no convenio.

A representación sindical rexeita a proposta empresarial e solicita que se cumpra o establecido no artigo 5 do convenio.

Ante a postura expresada pola parte sindical, a parte empresarial acorda, en estrito cumprimento do establecido no convenio, proceder á sinatura da revisión salarial do ano 2013 cos incrementos establecidos de conformidade co artigo 5 do convenio.

Táboas salariais 2013

Categorías profesionais

Salario base

Complemento asistencia

Complemento domingos

Festivos especiais

Grupo A

Administrador/a

1.675,08 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Xerente, director/a

1.675,08 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Médico

1.395,90 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Técnico superior

1.395,90 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Grupo B

Supervisor, socio asistencial

1.116,67 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

ATS/DUE

1.116,67 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Traballador/a social

1.116,67 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Fisioterapeuta

1.116,67 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Terapeuta ocupacional

1.116,67 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Titulado/a

1.116,67 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Grupo C

Gobernante/a

898,97 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Oficial de mantemento

898,97 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Oficial administrativo

898,97 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

TASOC

898,97 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Condutor/a

898,97 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Xardineiro/a

898,97 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Grupo D

Xerocultor/a-auxiliar enfermaría

898,97 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Cociñeiro/a

882,19 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Auxiliar de mantemento

882,19 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Auxiliar administrativo

882,19 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Camareiro/a de planta

882,19 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Animador/a sociocultural

882,19 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Porteiro/a de recepción

882,19 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Grupo E

Lavand./pasador/a de ferro

818,83 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Auxiliar de cociña

818,83 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Limpador/a

818,83 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Persoal non cualificado

818,83 €

71,05 €

8,54 €

33,28 €

Finalmente, delegan no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación das anteditas táboas ante a autoridade laboral.

E non tendo máis asuntos que tratar, remata a reunión ás catorce horas do día sinalado no encabezamento e expídese para o efecto a presente acta, que asinan todos os asistentes, en proba de conformidade.