Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1001/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1001/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Saco Carrasco contra Esabe Vigilancia, S.A., Sabico Seguridad, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Miguel Saco Carrasco contra a empresa Sabico Seguridad, S.A., contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo declarar e declaro que o cesamento do demandante producido o 8 de outubro de 2012 constitúe un despedimento improcedente e, en consecuencia, condeno a empresa Sabico Seguridad, S.A. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da presente resolución, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización equivalente a 9.579,27 euros. En caso de optar pola readmisión debe aboar os salarios de tramitación, a razón de 33,07 euros diarios. Absólvese a empresa Esabe Vigilancia, S.A. de todas as peticións formuladas na demanda e procede, así mesmo, a absolución do Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 13 de marzo de 2013

O secretario xudicial