Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10251

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación (expediente As-8/2013).

1. Entidade adxudicadora: Concello de A Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: As-8/2013.

2. Obxecto do contrato: desenvolvemento e xestión dos distintos campamentos municipais dirixidos a menores, ano 2013, por lotes:

Lote 1. Campamentos urbanos de verán.

Lote 2. Campamentos de día de verán.

Lote 3. Campamentos tradicionais de verán.

Lote 4. Campamentos urbanos de Nadal.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación: lote 1: 105.000 €; lote 2: 77.000 €; lote 3: 38.000 € e lote 4: 20.000 € (IVE 10 %, incluído en todos os casos).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de abril de 2013

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública