Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10253

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO de expropiación forzosa dos terreos necesarios para a apertura da rúa Pintor Xenaro Carrero ao seu encontro coa rúa Pintor Francisco Creo, tramitado polo procedemento de urxencia.

Visto que polo Decreto 45/2013, do 28 de febreiro, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras de urbanización e apertura da rúa Pintor Xenaro Carrero (DOG núm. 50, do 12 de marzo de 2013), faise público que por Resolución da Alcaldía núm. 773/2013, do 1 de abril, se fixou para as 10.00 horas do día 22 de abril de 2013 o acto de levantamento das actas previas á ocupación dos terreos necesarios para a apertura da rúa Pintor Xenaro Carrero ao seu encontro coa rúa Francisco Creo, descritos no correspondente proxecto de expropiación forzosa.

Todos os titulares de bens e dereitos afectados por este procedemento deberán comparecer, persoalmente ou representados por persona debidamente autorizada, nas oficinas municipais da Casa do Concello de Noia, situada na r/ Rosalía de Castro, núm. 2, 15200 Noia, con todos aqueles documentos que consideren procedentes, acreditativos da súa titularidade, así como de calquera outro documento acreditativo dos seus dereitos, podendo facerse acompañar, á súa custa, se así o consideran oportuno, dos seus peritos, asesores e/ou dun notario.

De ser o caso, o representante da Administración e os propietarios afectados poderán facer acto de presenza nos terreos ou ben obxecto de expropiación para a mellor descrición do ben e dereitos que se van expropiar.

Os proxectos de expropiación e de urbanización poden consultarse na secretaría do Concello de Noia de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Noia, 1 de abril de 2013

Rafael García Guerrero
Alcalde