Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10254

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

EDICTO de información pública de solicitude de licenza de apertura para taller de radiadores de vehículos.

Odilo Espiña Castro solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado a taller de reparación de radiadores de vehículos situado na rúa 4, núm. 33 do polígono industrial deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 20 de marzo de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde