Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento LMT no polígono 24, parcela 356, nos Montillóns.
Situación: Vilanova de Arousa.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 305 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 2 da LMTA CBD804 e final no apoio existente nº 3 desta. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 256 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio proxectado nº 3 da LMTA CBD804 unha vez entre e saia do CT existente Terrón II. A instalación está situada no lugar dos Montillóns, Vilanova de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, Avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 18 de marzo de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra