Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS, CT Sartaxes.
Situación: Cambados.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 844 metros de lonxitude, con orixe na LMTA CBD806, no apoio situado antes do CT Facho, e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Sartaxes, Castrelo, Cambados.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, Avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 18 de marzo de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra