Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) para seren notificados dunha resolución.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, ao non ser posible esta mesma, emprázanse os propietarios da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que se relacionan no anexo para seren notificados, por comparecencia, da Resolución do 14 de decembro de 2012 do director xeral de Desenvolvemento Rural, que os afecta.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de servizos múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De transcorrer o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 21 de marzo de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 14 de decembro de 2012 do director xeral de Desenvolvemento Rural.

Interesados:

Manuela Otilia Lagares Gundín.

Manuel Seoane Sánchez.