Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador número OU-S-35/2012, da xefa da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.
A interesada poderá recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar de Ourense.
Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e deberase aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior.
O pagamento farase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constriximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).
Ourense, 25 de marzo de 2013
Manuela Penín López
Xefa da Área Provincial de Turismo
ANEXO
Expediente: OU-S-35/12.
Titular sancionada: Hosteleros Siena 10, S.L.
Establecemento: A Fervenza.
Domicilio: Fornos, 20.
Localidade: Ourense.
Resolución: 24 de xaneiro de 2013.
Tipificación da infracción: artigo 109.2.e) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Sanción: trescentos (300,00) euros.