Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10684

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (241/2011).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, mediante este anuncio que no presente procedemento ORD 241/2011, seguido por instancia de Banco Santander, S.A. fronte a María Eulogia Castro Peón, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 35/2013.

En Pontevedra o sete de marzo de dous mil trece.

Vistos por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, estes autos número 241/2011 sobre xuízo ordinario, seguidos ante este xulgado, por instancia da entidade financeira Banco Santander, S.A., representado polo procurador dos tribunais Sr. Sanjuan Fernández e asistido pola letrada Sra. Montserrat Martínez, en substitución do letrado Sr. del Río Varela, fronte a María Eulogia Castro Peón, declarada en rebeldía procesual, de reclamación de cantidade, declárase,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereitos).

Decido que, estimando parcialmente a demanda formulada polo procurador dos tribunais Sr. Sanjuan Fernández, en nome e representación da entidade financeira Banco Santander, S.A., fronte a María Eulogia Castro Peón, declarada en rebeldía procesual, e, na súa virtude, debo declarar e declaro que procede que a demandada aboe á entidade demandante o importe de oito mil nove euros con noventa e nove céntimos (8.009,99 euros) en concepto de principal, cos xuros moratorios que se fixarán no xuro legal do diñeiro, conforme o disposto no artigo 1108 do CC, ata o completo pagamento do debido, e todo iso sen expresa imposición das custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, atendida a contía do presente procedemento, superior a 3.000 euros, de conformidade co disposto no artigo 455, número 1º, da LAC, na súa redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo e asínoo».

E encontrándose a devandita demandada, María Eulogia Castro Peón, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 11 de marzo de 2013

A secretaria xudicial