Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (100/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 100/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Rozas Anido contra a empresa Luis Ceide, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, expediuse a seguinte cédula de citación:

«Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 100/2013.

Persoa a quen se cita: Luis Ceide, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de xuízo/conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar ás preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 8.5.2013 ás 12.00 horas na sede do Xulgado do Social número 1, sita na planta 4, sala 9, Edificio de Xulgados, para a realización do acto de conciliación/xuízo.

Prevencións legais:

1. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LPL/LXS).

2. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación -procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos-.

3. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.2 da LPL/82.3 LJX) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tivese intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, téndose que practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 LPL/90.3 LXS).

4. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas o seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tivese intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LPL/LXS).

5. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC) e fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales se lle convoca (artigo 83 LPL/LXS 183 LAC).

7. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder de quince días.

Lugo, 8 de febreiro de 2013. O secretario xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de citación á empresa Luis Ceide, S.L., expídese o presente edicto.

Lugo, 19 de marzo de 2013

O secretario xudicial