Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Allariz

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial para preparación e fabricación de pedra no parque empresarial de Chorente (Roiriz).

Ibergranitos, S.L. solicitou licenza para a instalación de nave industrial para a actividade de preparación e fabricación de pedra na parcela nº 3 do parque empresarial de Chorente SUI-1, de Roiriz, en Allariz, sometida a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por un prazo de vinte días, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, para que, aqueles que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade, presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Allariz, 2 de abril de 2013

Francisco García Suárez
Alcalde