Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11037

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas convocadas na Resolución do 5 de marzo de 2013 pola que se regula e se convoca para o ano 2013 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Por medio da Resolución do 5 de marzo de 2013 (DOG núm. 50, do 12 de marzo) convocáronse axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

No artigo 3 da dita resolución establécese un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes.

Próximo a rematar o dito prazo sen que o número de solicitudes presentadas cubra o número de prazas ofertadas no programa, considérase conveniente proceder á súa ampliación.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar, ata o 22 de abril de 2013 inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 3 da Resolución do 5 de marzo de 2013 pola que se regula e se convoca para o ano 2013 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración