Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11682

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 69, do 10 de abril de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 10625, no artigo 3, punto 2, no que se establece:

«2. Non obstante, non será necesario presentalo cando non transcorresen de dous anos desde a última vez en que se incorporase un informe idéntico a calquera dos procedementos referidos, e sempre que non se producise unha variación das circunstancias descritas no informe social orixinario. Neste suposto será o centro directivo responsable da tramitación quen deberá reclamar o informe social á unidade administrativa que corresponda».

Deberá dicir:

«2. Non obstante, non será necesario presentalo cando non transcorresen dous anos desde a última vez en que se incorporase un informe idéntico a calquera dos procedementos referidos, e sempre que non se producise unha variación das circunstancias descritas no informe social orixinario. Neste suposto será o centro directivo responsable da tramitación quen deberá reclamar o informe social á unidade administrativa que corresponda».

Na páxina 10644, no anexo XII, punto 1, epígrafe -Intensidade-, en que se establece:

«– Intensidade:

1. 11 ou menos horas ao mes.

2. De 12 a 20 horas ao mes.

3. De 21 a 45 horas ao mes.

4. De 46 a 70 horas ao mes.

5. Máis de 70 horas ao mes».

Debe dicir:

«– Intensidade:

1. 20 ou menos horas ao mes.

2. De 21 a 45 horas ao mes.

3. De 46 a 70 horas ao mes».