Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11866

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de abril de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se detallan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), nos departamentos territoriais da Consellería de Facenda ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992,
do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo, persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, considerándose neste sentido de non se emitir no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración procederase a adxudicarlle o posto para o o cal foi seleccionado.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no DOG e poderá declararse, de considerarse oportuno, deserta.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que o novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou se comporta o reingreso ao servizo activo; prazo que se computará desde o día seguinte ao do cesamento, que se efectuará dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da orde de resolución no DOG. No caso de reingreso ao servizo activo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I

Denominación: Xefatura do Servizo de Xestión Económica.

Código do posto: FCC020000115770030.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72 €.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de posto: singularizado.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia.

Formación específica: (009) experiencia xestión económica (mérito).

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: subdirector/a xeral de Fiscalización e Control Interno.

Código do posto: FCC030000115770001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.025,32 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral (finanzas. A9.3).

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: subdirector/a xeral de Contabilidade.

Código do posto: FCC030000215770001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.025,32 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral (finanzas. A9.3).

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: interventor/a delegado/a da Consellería de Economía e Industria.

Código do posto: FCC030001415770001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.025,32 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral (finanzas. A9.3).

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: subdirector/a x. de Fondos Comunitarios e Subvencións.

Código do posto: FCC030000315770001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.025,32 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral (finanzas. A9.3).

Tipo de posto: non singularizado.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file
missing image file