María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1067/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Rivadeneira Rodríguez e Ramón Mouriño Fresco contra a empresa Rayosil Electricidad, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
«Que estimando a demanda interposta polos demandantes Miguel Rivadeneira Rodríguez e Ramón Mouriño Fresco contra a empresa Rayosil Electricidad, S.L., debo condenar e condeno a esta a lle aboar 8.074,29 euros ao Sr. Rivadeneira e 11.259,75 euros ao Sr. Mouriño polos conceptos reclamados na demanda.
Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.
Así, por esta miña sentenza, acórdoo, mándoo e asínoo».
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rayosil Electricidad, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013
A secretaria xudicial

