Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12415

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1161/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1161/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ángel Ruiz Villar, Francisco Santiago Bugallo Silva, contra a empresa Rayolid, S.A., Rayosil Electricidad, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión é:

Que estimando a demanda interposta polos demandantes Francisco Santiago Bugallo Silva e Manuel Ángel Ruiz Villar contra as empresas Rayosil Electricidad, S.L., Rayolid, S.A., debo condenar e condeno a estas de forma solidaria a que aboen 7.373,88 euros ao Sr. Bugallo e 8.295,96 euros ao Sr. Ruiz polos conceptos reclamados en demanda. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás entidades Rayosil Electricidad, S.L. e Rayolid, S.A., en paradoiro descoñecido, inserto o presente edicto no Diario Oficial de Galicia, para os efectos legais oportunos.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

A secretaria xudicial