Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 13038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de mantemento da rede pública sen fios (wifi) da cidade de Ourense.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de mantemento da rede pública sen fíos wifi da cidade de Ourense:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2242.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento da rede pública sen fíos wifi da cidade de Ourense.

c) CPV: 50312300-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de decembro de 2012 e 17 de decembro de 2012.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 50.847,00 euros. IVE: 10.677,87 euros. Importe total: 61.524,87 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de marzo de 2013.

b) Data de formalización: 2 de abril de 2013.

c) Contratista: Galega de Enxeñería e Instalacións, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 45.762,30 euros. IVE: 9.610,08 euros. Importe total: 55.372,38 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada cumprindo a súa oferta con todas as prescricións do prego.

Ourense, 2 de abril de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde