Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 13040

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación dunha explotación agrícola.

Tendo solicitado desta Alcaldía José Luis Arias López licenza municipal para ampliación de explotación agrícola, situada no predio polígono 13, parcela 45, Andreade (Paradela) e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, co fin de que poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Paradela, 18 de abril de 2013

José Manuel Mato Díaz
Alcalde