Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 8 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Política Financiera e Tesouro, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente da Resolución do 13 de marzo de 2013.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación e ao ser devolta dúas veces polo servicio de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Política Financeira e Tesouro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Expediente: Resolución do 13 de marzo de 2013

Interesada: Creaciones Toypes, S.L.

Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesouraría da Comunidade Autónoma contra Creaciones Toypes, S.L. e o inicio do procedemento para a súa reclamación ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.